Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Kogito presentará o tema homenaxe "Volta dos nove" nun concerto en Gondomar. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 22 Novembro 2012 22:06
Ranholas2012

Despois de case un ano afastados dos directos, na procura de novas cancións e ilusións, Kogito "Ska feito na Galiza" volven aos palcos galegos con máis gañas que nunca de revolucionar os torreiros e tabernas do país. Nova formación, novos ánimos, pero as mesmas gañas de festa que os acompañaron á banda viguesa durante máis de dez anos .
O lugar escollido para comezar a nova andaina é o Café Rañolas, en Gondomar, o próximo sábado 24 de novembro a partires das 23:00h. A escolla non é casual, xa que Kogito presentará no Val Miñor o tema homenaxe aos asasinados durante a represión franquista no propio Val chamado "Volta dos nove" proxectando un vídeo sobre o suceso en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)."