Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
"Curriculum Vitae", comedia con humor de actualidade se porá en escena esta fin de semana en Gondomar. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 22 Novembro 2012 22:40
CV_cartel-300

-A obra inclúe "Puntocom", texto da guionista e membro do IEM, Araceli Gonda.
-Os actores Mónica García e Guillermo Carbajo porán en escena "Curriculum Vitae", unha comedia dirixida polo director Alex Sampayo, este sábado ás 22 horas no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío.
Definida pola crítica como unha comedia de "rabiosa actualidade", a obra teatral "Curriculum Vitae", xira entorno a un escenario por demais coñecido nestes tempos: ás entrevistas de traballo. Dirixida por Alex Sampayo (El Internado, Padre Casares, entre outras) conta cos actores Mónica García ("Citizen", "Moito conto") e Guillermo Carbajo (El Internado, Matalobos), todos eles membros de Redrum, unha das compañías máis novas e creativa do país.
A comedia está articulada sobre cinco textos de escritores e realizadores de coñecida traxectoria. Con "Traballo lixo", de Diego Ameixeiras, gañador do "Premio Xerais" de novela en 2006 dará comezo a obra. Araceli Gonda ( veciña de Morgadáns e membro do IEM), coñecida xornalista e guionista de series de éxito como Padre Casares, advertirá sobre os perigos de mentir nos currículos con "Puntocom". Avelino González, premiado con dous María Casares, ensinará con "Si e non", que ás veces un "enchufe" vale máis que mil palabras. Manolo Cortés, a través de "A espera"presentará a dous candidatos que agardan a súa quenda nunha estraña ETT. Finalmente o broche de ouro chega co texto de José Prieto (Premio Max), "Executiva Vs. Bolseiro), que introduciranos no marabilloso mundo dos bolseiros e as candidatas bipolares.
O espectáculo forma parte da programación da Concellaría de Cultura de Gondomar e ten un custe de 3,5 euros. Non hai escusa para perderlla.