Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Músicos da vangarda europea inspíranse na obra plástica de Fernando Casás. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 22 Novembro 2012 23:52
cartel-cristina-concierto-n

-cAuSaL, o I Encontro Internacional de Composición acollerá esta fin de semana en Santiago a cinco músicos da vangarda europea para un concerto inspirado na obra do artista plástico e membro do IEM, Fernando Casás.
cAuSaL. I Encontro internacional de composición quere ser un espazo de encontro e discusión arredor da composición na música contemporánea. Esta actividade, coproducida coa Universidade de Santiago de Compostela, forma parte do ciclo Música e Arte. Corrrespondencias sonoras, que organiza o CGAC e desenvolve Vertixe Sonora Ensemble.
Neste primeiro encontro contarase coa participación dos compositores: Jacobo Gaspar (Mos, Pontevedra, 1975), Esaias Järnegard (Estocolmo, Suecia, 1983), Alexander Khubeev (Perm, Rusia, 1986), Matthias Kranebitter (Viena, Austria, 1980) e Simone Movio (Latisana, Italia, 1978) que pertencen á máis recente xeración de compositores europeos o que permitirá coñecer a fondo as últimas tendencias e as diferentes liñas de pensamento no eido da composición. Todos eles concibiron obras para o concerto efémero relacionado coa exposición do artista gondomareño Fernando Casás O agora xa foi e o denantes será.
Os compositores falarán da súa música e dos procesos creativos que se agochan detrás do seu traballo. O encontro completarase con ensaios abertos das obras comisionadas por Vertixe Sonora Ensemble aos cinco compositores convidados o que suporá unha oportunidade única para ver o traballo directo entre unha ensemble especializada e os compositores.
PROGRAMA
Sábado, 24 de novembro*
10:45 h Presentación
11:00-12:00 h Jacobo Gaspar
12:00-13:00 h Simone Movio
16:30-17:30 h Matthias Kranebiter
17:30-18:30 h Alexandre Khubeev
18:30- 19:30 h Esaias Järnegard
Domingo, 25 de novembro
11:00-14:00 h Ensaios abertos de Vertixe Sonora Ensemble con compositores
*Haberá traducción consecutiva do italiano e o inglés ao galego.
DESTINATARIOS
Compositores, instrumentistas, estudantes e todas as persoas interesadas na música contemporánea que desexen asistir. Prazas: 40
INSCRICIÓN
O encontró é gratuíto. As solicitudes para asistir pódense presentar na recepción do CGAC, chamando aos teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos (981 546 623 / 631) ou ben a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , indicando os seguintes datos: nome, enderezo postal e electrónico, teléfono de contacto e ámbito de estudo ou traballo.
Ademais Vertixe Sonora Ensemble tamén organiza encontros individuais cos compositores para aquelas persoas que estean interesadas. Os devanditos encontros teñen un custo de 60 €, 90 € ou 120 € segundo sexan un, dous ou tres os encontros individuais nos que se queiran matricular. Para mais información dirixirse a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .