Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Día da Memoria na Illa de San Simón. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 18 Xullo 2013 20:06
sansimon2013
-Día 21 de xullo de 2013: Dedicado aos mariños republicanos galegos resistentes ao levantamento fascista do 1936.
Co motivo da infausta data do 18 de xullo temos outra vez a oportunidade de lembrar ás vítimas da represión franquista na Galiza nun acto nacional a celebrar na illa de San Simón. Desta volta a intención é poñer a mirada nos mariños republicanos galegos resistentes ao levantamento fascista de 1936. No acto participarán descendentes de vítimas mais tamén mozos e mozas quen sen ter un vencello familiar se achegan a memoria como un xeito de comprender o presente que se lle legou.
Os actos celebraranse o domingo 21 de xullo na Illa de San Simón. Comezará cunha intervención de María José Barreiro, sobriña de Manuel Barreiro, mariño fusilado por promotor da rebelión do Ferrol. Posteriormente, David Fernández Martínez, fillo de David Fernández Dopico, lembrará a este mariño do Ferrol exiliado en Orán. Clausurará o acto, Jorge Gómez, Catedrático Emérito da Universidade de Vigo, fillo de represaliado.
O embarque á illa para o grupo de persoas anotadas a través do IEM será ás 11 horas da mañá no porto de Cesantes e o regreso a partir das 13:30 horas.