Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

De A a X. Unha historia de amor e resistencia. Venres 24 de novembro ás 20:30h.

O vindeiro venres 24 de novembro ás 20:30 , o IEM acollerá a obra De A a X. Unha peza de teatro contada en cartas de John Berger. Unha historia de amor e resistencia.
O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.

Xela Marx e Fiona Battersby convidan a compartir a escritura deste poeta, humanista, activista que deixou este mundo no comezo do ano.

Nas súas palabras:

"Cada ser é de máis breve de todas as cousas. Todo o mundo é todo o mundo; e a única cousa que nos frea nese coñecemento, é este ego que é mortal "

De A para X é uma história escrita em forma de cartas. John Berger a escreveu depois de escutar hora tras hora histórias das pessoas na Palestina. A história, porém, poderia acontecer em qualquer lugar.
Aida escreve ao seu amado Xavier que está na prisão. É uma ode ao amor tanto quanto um grito contra a injustiça no mundo.
As palavras que foram infundidas com ternura e uma profunda consciência do estado humano, são chamadas a serem encarnadas.
John Berger escreve: " Uma história escrita é como uma linha reta, um caminho que vai em direção ao horizonte.
Quando as palavras entram no teatro, porém, se convertem em parte de um círculo. "

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do libro “Didáctica da Serra do Galiñeiro” de Pablo Casal PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 10 Febreiro 2014 22:36
000

O vindeiro xoves 13 de febreiro de 2014 ás 20:30 horas  terá lugar a presentación do libro Didáctica da Serra do Galiñeiro, autoría de Pablo Casal Núñez. O acto celebrarase no Centro Cultural da Comunidade de Montes de Vincios (Vincios-Gondomar).

O libro: Segundo o autor, o traballo pretende dar a coñecer as “inmensas posibilidades” que a Serra do Galiñeiro ten cara ao ocio activo e saudable. A obra está especialmente dirixida ao eido educativo, mais reviste gran interese para todas as persoas que desexen coñecer en profundidade os diversos espazos e a riqueza patrimonial localizados neste enclave.

A publicación vén acompañada cun mapa da Serra do Galiñeiro elaborado no ano 2003 polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.

Autor: Pablo Casal Núñez é licenciado en Educación Física pola Universidade da Coruña. Senderista e corredor de montaña, leva percorrendo dende hai máis de trinta anos diferentes espazos naturais. Colaborador dende o 2003 na organización das carreiras de orientación organizadas pola Universidade de Vigo e no Lago  Castiñeiras; así como no “Proxecto Ríos” para os ríos do Miñor, nomeadamente no ámbito do río Zamáns. Membro do Instituto de Estudos Miñaros.

Ten publicado: Educación Física ESO (Bahía Edicións, 1999), Educación Física (Proxecto curricular, ESO-Bacharelato, 1999), o Plano “Rutas Urbanas Saudables” (Concello de Vigo, 2010); así como diversas colaboracións en publicacións especializadas.

Edición: O libro editado polo Instituto de Estudos Miñoranos, coa colaboración da Universidade de Vigo, o Concello de Gondomar e a Comunidade de Montes de Vincios. abre unha nova colección de publicacións baixo título Cadernos Pedagóxicos.

O acto consistirá na presentación da obra por parte do autor, a que será precedida cunha breve intervención de representantes das entidades colaboradoras da edición: Universidade de Vigo,  a Comunidade de Montes de Vincios e mais o Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián.