Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio
Skip to content
“O caderno amarelo”, de Lara Rozados Lorenzo gaña o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 12 Setembro 2014 21:18
lara2-web

O xurado do VII Premio de Poesía Victoriano - Entidade Local de Morgadáns acordou declarar gañador da convocatoria deste ano o poemario O caderno amarelo, da que é autora Lara Rozados Lorenzo.

O premio, dotado con 3000 €, escultura conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e publicación do libro polo Instituto de Estudos Miñoranos na colección Victoriano Taibo, será entregado no transcurso dun acto cultural que se celebrará na Escola de Guillufe de Morgadáns, sede do Premio, no mes de novembro.

A escritora premiada

Lara Rozados Lorenzo naceu en Poio (Pontevedra) o 22 de outubro de 1982, e viviu até os seis anos en Pontevedra, despois un par de anos máis en Ferrol, e con sete foi para o Barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela, de onde aínda non marchou, nin quere. Estudou xornalismo e tentou doutorarse en Filoloxía Galega, traballou en Vieiros e n'A Nosa Terra, para despois deixar a prensa por un tempo para traballar no teatro, na compañía Berrobambán. Cando quedou no paro, fixo un mestrado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, e agora anda coa tese. Traballou tamén en Sermos Galiza ou no Faro de Vigo edición Deza, como monitora en campamentos ou dando clases particulares, e traballa de forma voluntaria en asociacións coma Itaca, o Cineclube de Compostela ou Histeria Teatro, coa que está a mover dous espectáculos. Publicou algunha cousa en fanzines ou nos libros que editou o Cineclube de Compostela, Non conciliados e Pirata, pero este é o seu primeiro libro.

O Xurado do VII Premio

O xurado estivo integrado polos escritores Xosé María Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Rexina Vega, Ramón Sandoval e Miguel Anxo Mouriño, este último como secretario. O Premio está presidido por Urbano Esmerode Domínguez, presidente da Entidade Local Menor de Morgadáns.

Querémoslles dar os máis sinceros parabéns ao gañador, por acadar este galardón que goza xa dun innegable prestixio que transcende o ámbito de Galicia, e aos promotores, que fomentan de forma efectiva a creatividade poética nos máis altos niveis do sistema literario galego.