Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros. Martes 17 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro martes 17 de xullo ás 18:30h terá lugar a cuarta xeira de verán polo concello de Nigrán (Parada) Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Anxo Rodríguez Lemos.

O punto de encontro será na Igrexa de Santiago de Parada de Miñor:

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

Rosalía de Castro choraba co seu maxín, plasmado na súa obra Cantares Gallegos, as nostálxicas campás de Bastavales que atronaban co seu tocar o ceo do Val da Maía. Eran as campás un dos elementos sonoros que cada un levaba consigo no seu pensar xunto ás cantigas e pezas musicais aprendidas dende a nenez, rexedoras dun mundo daquela sen a sofisticada tecnoloxía actual pero ben regulado por un tocar encargado de marcar as horas de traballo, anunciar nacementos, casamentos, mortes, festas ou quizáis afastar as temerosas treboadas da comunidade. Modernas maquinarias a base de mazos electrónicos substitúen, aos poucos nas nosas parroquiais, ás mans daquelas persoas encargadas de facer falar as campás. Seguindo ás xornadas iniciadas no ano 2007 pola Asociación Cultural Os Chichisos de Pontevedra, o Instituto de Estudos Miñoráns iniciou en 2015 un certame na vila de Baiona chamado a continuar polas igrexas do Val de Miñor co fin de recoller, da man dos seus campaneiros, aqueles toques antigos en vías de desaparecer para sempre. Este ano serán dúas as campás, do século XIX e XX, as que, dende a igrexa parroquial de Santiago de Parada de Miñor, serán tocadas por Esther Nande Figueroa, sancristana e campaneira do lugar do Sobreiro, a partir das 18:30 na cuarta xeira do IEM.

Está en:  Inicio
Skip to content
Libros dixitais do IEM: “Desenvolvendo o nobelo” abre unha nova iniciativa editorial PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Xoves, 22 Xaneiro 2015 23:56

250Desenvolvendo_o_nobelo

Abrimos este espazo dedicado a compartir cos nosos seareiros algúns libros merecentes, ao noso xuízo, de divulgación de acordo con parámetros de calidade e interese que o noso equipo editorial decidirá. Perseguimos con esta iniciativa dous obxectivos. Por unha banda pór a disposición dos nosos amigos escritos que, posiblemente, non atoparían noutras canles. Pola outra, proporcionarlles a escritores (noveles ou non) a oportunidade de dar a coñecer a súa obra e sometela á consideración dos lectores que adoitan visitarnos.

O libro de enceto ten unha compoñente moi entrañable, pois recolle os traballos, feitos con dedicación e cariño, dun grupo de persoas adultas que se decidiron a mellorar a súa capacidade para a creación de textos literarios da man da poeta Marta Dacosta e expoñen aquí a súa obra chea de sensibilidade que acada en moitos casos cotas de calidade propias de escritores con maior dedicación. Titúlase Desenvolvendo o nobelo, título que fai mención  a unha imaxe creada por Marta:

Escribir é...

atopar a punta do fío axeitado e tirar del até desfacer o nobelo.

Despregar diante de nós esa sucesión de palabras que constrúe o edificio do texto e abriga as ideas. 

Oxalá este primeiro libro teña o éxito que todos desexamos e sexa o comezo dunha frutífera colaboración de persoas con inquedanzas literarias.

Descargas

 

epub-descarga-gratismobi-descarga-gratisgoogle-play--descarga-gratipdf-descarga-gratis