Skip to content
Inauguración da mostra plástica “Mar de Crebas”, de Alejandra Sampedro. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Martes, 10 Marzo 2015 22:23
alejandra_sampedro

O vindeiro venres 13 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra "Mar de Crebas", formado por obra fotográfica e escultórica da artista plástica Alejandra Sampedro. A instalación será presentada polo fotógrafo Santi Vega na Aula de Cultura Ponte de Rosas. A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas até o 8 de maio. Trala presentación compartiremos unha copa de viño e unhas roscas, xentileza da Adega Terras Gauda e a Panadería Copena de Gondomar.
Da obra
As pezas escultóricas compostas coas crebas ou despoxos que cuspe o mar- xorden ao pés do Cabo Silleiro onde o avó da artista traballou como fareiro; mentres que as fotografías son pezas artísticas que funcionan como elementos de localización xeográfica e conceptual.
Un lugar misterioso, cheo de lendas relacionadas con naufraxios e estraños sucesos, ademais de albergar unha vella batería militar e o antigo vertedoiro de Baiona, onde as crebas cerámicas e de porcelana chegan desde orixes tan dispares como Alemaña, Francia, Portugal, China ou Galicia, e o mar as devolve perfectamente pulidas en multitude de formas e cores.
Da autora
Alejandra Sampedro (Valencia, 1988) graduouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, cursou estudos universitarios de performance, fotografía e pintura con Cristina Fernández Núñez. Completa a súa formación artística co Máster Universitario en Arte Contemporánea, Investigación e Creación (UVigo). Recentemente amplía estudos de escultura con Bárbara Alonso no taller Almart en Madrid.
Descargar díptico da mostra.