Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROXECTO EQUUS CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA. A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

PROXECTO EQUUS
CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA.

A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

Hoxe, venres 29 de decembro, nunha roda de prensa no salón de actos do Centro de Interpretación do Patrimonio de Taboexa (As Neves) presentouse ao público a que, sen dúbida, é a mellor superficie de arte rupestre descuberta en Galicia nas últimas dúas décadas.

Estiveron presentes na mesa Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves; Cándido Verde, Xosé Álvarez "O Buraco" e Xilberte Manso, descubridores do petróglifo, Xosé Lois Vilar, Eloy Martínez e Manolo Ledo, da sección de arqueoloxía do IEM, acompañados polo presidente da Comunidade de Montes de Taboexa.

Os participantes apoiaron as súas intervencións na proxección de fotografías e renderizados de modelos 3D resaltando as principais características e singularidades do conxunto de petróglifos descuberto.

Ó remate da roda de prensa desprazáronse á zona do descubrimento para completar as súas explicacións.

Desde o Instituto de Estudos Miñoráns continuaremos cos traballos que nos leven a completar o estudo deste extraordinario conxunto de gravados rupestres considerado xa un dos mellores de Galicia polo seu tamaño, pola súa tipoloxía e pola cantidade e variedade de figuras representadas.

Está en:  Inicio
Skip to content
Libros dixitais do IEM para descargar: “Cinsa”, de Marta Dacosta. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Venres, 13 Marzo 2015 20:15

250cinsa

Cinsa é o que queda despois de arder, como a memoria é o pouso da vida. De cinsas e memorias vai este poemario; de situacións, vivencias, recordos, devanceiros... rescatados do pasado e peneirados polo persoal xirgo de Marta. O IEM comprácese en pór a disposición dos seus lectores, grazas á xenerosidade da poeta, este libro de poemas de Marta Dacosta, inédito en impresión tradicional. E neste día, no que se cumpren 49 anos do pasamento de Victoriano Taibo, recordamos que o mestre galeguista, escritor e poeta, lingüista, académico, home comprometido coa terra, a cultura e a lingua galega, aínda espera pola homenaxe dun Día das Letras Galegas.

Preme na imaxe para descargar o libro.

250cinsa