Convocatoria Xunta Xeral extraordinaria 2015. Elección da Xunta de Goberno e Dirección do IEM. Imprimir

O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Venres, 25 Setembro 2015 19:02
Logo-IEM-oficialweb

O INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS, convócate á XUNTA XERAL extraordinaria 2015 para elección Xunta de Goberno e Dirección do IEM. A mesma terá lugar o vindeiro venres 23 de outubro de 2015, con primeiro chamado ás 20:00 e segundo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas.


Como indican os estatutos, a elección de todos os membros da Xunta de Goberno será por sistema proporcional sobre candidaturas pechadas, que se presentarán asinadas por sete socios/as constando nelas a conformidade dos presentes. Tales candidaturas obrarán na Secretaría do IEM cunha antelación mínima de 15 días naturais anteriores á data das eleccións. A distribución de cargos é competencia da Xunta de Goberno elixida.

 

Orde do día.

1. Presentación de candidaturas á Xunta de Goberno e Dirección do IEM
2. Votacións.
3. Proclamación de candidatos