Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Volta dos Nove. Sábado 13 de outubro

Volta dos Nove

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e a Comisión da Volta dos Nove convídavos ós actos de lembranza do asasinato dos Ineses, a señora Dolores Samuelle e Os Nove de Baiona e Panxón o vindeiro sábado 13 de outubro.Hai xa 82 anos.

Ás 11h30'-no cemiterio civil de Sabarís unha lembranza oral e floral para Xosé e Luís López Luís e Dolores Samuellle, tamén coa compaña musical dos da Foz.

Ás 11h45'-na Volta dos Nove palabras, música e flores para os nove homes asasinados a noite do 15 para o 16 de outubro de 1936.

 

Foi no 24 de xullo, a media mañá, festas en Santa Cristina.

Entraron as tropas que viñan de acalmar Vigo.

O comandante militar de Baiona: Ramón Blanco Linares. Requisa na sociedade obreira de Sabarís, na Porta do Sol, socialista e anarquista. Fichas de afiliación, revistas pornográficas, correspondencia, ...

Ducias de homes fuxidos. Foron aparecendo todos, pero entre outros, faltaban Pepe e Luís, Os Ineses. Descubertos o 13 de outubro de 1936 agochados na casa de Ventura Pérez, cego, axudado por Dolores Samuellle que compraba moitos víveres para o vello, ou o xornal. Delación e entrada de falanxistas, e garda civil a mañá do 13. Defensa propia e ferido (Luís Refojo Mariño, camisa nova). Luís morto a tiros nunha viña camiño da Ladeira, Pepe no muro do cemiterio. Exposición pública e asasinato de Dolores Samuellle, por encubridora.

En Vigo o 15 morre o ferido e esa noite van buscar veciños do Val de Miñor os cárceres de Vigo, traen nove que matan antes da amañecida e á tarde enterran o camarada caído.

Herminio Ramos lembrounos:

1936 Octubre 16. En el día de hoy aparecen muertos a la orilla de la carretera más allá de la fuente de San Roque nueve hombres que resultaron ser vecinos desta villa, calificados de rojos presos en Vigo.

Está en:  Inicio
Skip to content
Inaugúrase no Auditorio de Gondomar a I Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Martes, 03 Novembro 2015 21:42
mostra-teatro

A partir do vindeiro venres 6 de novembro o Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío” acollerá a I Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos co apoio do Concello de Gondomar, o evento pretende fixar os alicerces dun encontro anual que nesta ocasión congregará a elencos dos concellos de Gondomar e Oia.

Non hai ladrón que por ben non veña, será a obra que abrirá a mostra, a cargo do grupo Bertorella da parroquia de Morgadáns. Dirixidos por Luis Carballo, un elenco de dez persoas porá a partir das 21:30 horas en escena esta obra do Nobel de Literatura italiano, Dario Fo. Descargar Programa

Todas as obras que integran a mostra serán postas en escena por primeira vez polas delegacións teatrais. O programa continuará o domingo 8, con Os animais do paraíso, a cargo de Xente daquí e dacolá (Mañufe) a partir das 18 horas. Descargar Programa

O grupo O mellor de cada casa (Oia) sairá a escena con Picnic, o venres 20 de novembro ás 21:30 horas. Descargar Programa. Unha segunda obra de Xente daquí e dacolá,  O asasino anda solto, presentarase o día domingo 22 ás 18 horas. Descargar Programa

A Xesta Vermella (Borreiros) con Doutor de cabeceira abrirá a derradeira fin de semana da mostra. Actuación que dará comezo ás 21:30 horas. Descargar Programa. Pechará esta primeira edición a obra Polos pelos, da agrupación A Moura (Chaín). Descargar Programa