Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
7ª Xeira Alén Miñor, Terras de Chantada e o Saviñao, 8 e 9 de outubro PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 23 Agosto 2016 21:02
santo_estevo

Despois dun verán abundante de Xeiras pola nosa contorna, polo noso Val, amosando a beleza e a riqueza patrimonial que atesoura, retomamos as Xeiras Alén Miñor. Iniciamos o novo curso desta sección con moitos folgos e ganas de seguir coñecendo o País.

O ano pasado, por estas datas, celebramos a primeira parte do ciclo de dúas Xeiras pola Ribeira Sacra, que rematamos agora con esta segunda proposta.

Durante dous días cativarémonos co encanto do Románico (case todas as referencias do século XII), mesturado cunha paisaxe de vizosa beleza. Paisaxe domesticada polo home nunha gran medida (viñedos) pero tamén con redutos case prístinos, como son os bosques de carballos, castiñeiros, sobreiras e demais árbores senlleiras que aínda amosan a súa beleza por aquelas terras, e deixan un ronsel de cores e recendo. E máis nesa época.

 


 

ITINERARIO

Sábado 8

San Salvador de Asma (antigo Mosteiro Bieito, s. XII), Santa María de Camporramiro (s. XII), Santa María de Pesqueiras (Mosteiro Bieito, frondoso paseo de aproximación con vistas á ribeira do Miño, interesantes pinturas do s. XVII), San Pedro de Bembibre.

Para entender e dixerir mellor o que veremos, visitaremos unha Adega da contorna.

 

Domingo 9

Vinculada á obra do Mestre Mateo, percorreremos o Mosteiro de San Estevo de Ribas de Miño (s. XII), atalaia fermosa onde se albiscan os viñedos cos socalcos e parte do encoro do mesmo nome, San Paio de Diomondi (Románico rural, s. XII), breve paseo polos Codos de Belesar e a pequena Igrexa Románica de Santa María de Seteventos, cun interesantísimo conxunto de pinturas murais de finais do s. XV , un retablo barroco, unha cruz de prata do s. XVIII e pinturas góticas do s. XV no seu interior.

Seguindo a nosa liña doutras xeiras, mesturaremos elementos artísticos e históricos con pequenos percorridos por lugares de gran beleza paisaxística e natural. Teremos tempo para visitar algunha adega, coa colleita practicamente feita nesas datas, onde as cores das vides inundarano todo, nunha bisbarra afeita ao cheiro da uva e ao sulfato. Como noutras ocasións, probaremos a gastronomía típica das terras que nos acollen.

 

CARACTERÍSTICAS DA VIAXE

DATAS: 8-9 Outubro

PREZO SOCIOS: 114 EUROS

PREZO NON SOCIOS: 124 EUROS

O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, co seguro, dúas comidas, un almorzo, os guías, a visita á adega e a pernocta no Hotel Mogay de Chantada.

As habitacións son dobres, haberá algunha tripla se alguén a solicita.

 

HORARIO APROXIMADO

SAÍDA DO AUTOCAR : 8:00 de Gondomar o sábado 8 dende a explanada do Pavillón de deportes.

CHEGADA: Noite do domingo 9 a Gondomar, mesmo lugar de partida. Entre 21:00/22:00

GUÍA: Máis que Románico

Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao telefono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00. Asignarase un número a cada inscrito, que deberá citarse cando se faga o ingreso bancario.

Conta do IEM: ES 95 2080 5035 0730 4001 4164 de ABANCA

Unha vez feito o ingreso, agradecemos envíen o xustificante ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo o antes posible.

Non poderán facerse máis de 4 reservas por persoa.

Coordinador xeira: Pablo Casal (627 27 68 16)

 

Fotos de:

ramonrosita.blogspot.com.es

pablofont.blogspot.com.es