Conferencia: Existen evidencias do cambio climático? Dende o mércores 6 e ata o mércores 27 de febreiro |
A partir do mércores 6 e ata o mércores 27 de febreiro O IEM desenvolverá un ciclo de conferencias sobre o cambio climático que contará con expertos na materia como Castor Muñoz Sobrino, Ricardo Prego Reboredo, Xosé Antón Álvarez Salgado e José M. Sánchez.
Terán lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Gondomar)
Como podería afectar o cambio climático ós ecosistemas do NW ibérico.
Castor Muñoz Sobrino
Dpto. Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo
Facultade de Ciencias. Universidade de Vigo
Presenta Xosé Ramón García
Xunta de Goberno do IEM
É o Antropoceno a era do cambio climático?
Ricardo Prego Reboredo
Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)
Presenta Juan Hermida
Profesor do IES A Sangriña. A Guarda
Algunhas evidencias do cambio climático no mar de Galicia
Xosé Antón Álvarez Salgado
Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)
Presenta Olga Mijón
Profesora do IES Rosais 2. Vigo
As invasións biolóxicas e nós
José M. Sánchez
Dpto. Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo
Facultade de Ciencias. Universidade de Vigo
Presenta Marcos Lago
Profesor do IES Primeiro de Marzo. Baiona
|
Presentación do libro " Contos pequenos" |
![]() |
![]() |
![]() |
Premio Victoriano Taibo - Artigos | |||
Escrito por IEM -Sec | |||
Mércores, 26 Outubro 2016 00:11 | |||
OS CONTOS PEQUENOS No ano 1955 o doutor Antón Beiras García, oftalmólogo de gran prestixio internacional, recibiu un entrañable agasallo: un volume manuscrito que contiña oito contos populares aos que Victoriano Taibo lle dera forma literaria. O doutor, totalmente comprometido coa causa galeguista, teimaba en educar os fillos en galego e por esa época debía estar introducindo o primoxénito na lectura e escritura nesta lingua que carecía de material axeitado, polo que mercaba libros en portugués. A dobre condición de mestre e escritor do académico, amigo seu, non debeu ser allea á súa decisión de escribir, encadernar e regalarlle ao médico aquela obriña única que titulou Contos pequenos, dedicada ao fillo Hixinio. O IEM ofrece agora este opúsculo na súa versión orixinal acompañado de catro artigos de diversa índole; así, Hixinio Beiras Cal fala dos seus recordos daquela época; Camiño Noia Campos incardina os contos dentro do folclore internacional; Gonzalo Navaza Blanco fai un estudo do léxico e das expresións empregadas; e Xesús Alonso Montero cóntanos a historia externa do manuscrito. Leva, tamén, unha versión actualizada (cun vocabulario, ao final, das palabras que, sendo galegas, non se atopan no dicionario da RAG) do texto dos contos coa dobre finalidade de facilitar a lectura do manuscrito e de que sirva como libro de lectura para cativos en idade escolar, ilustrado por Fino Lorenzo. Este volume, concibido como unha unidade, desmémbrase en tres libros que poden ser lidos independentemente, facilitándolle ao lector o uso que desexe facer da información aquí ofrecida. Conteñen, respectivamente, as partes comentadas máis arriba, é dicir, a edición facsimilar, o conxunto de artigos de acompañamento e a versión actualizada. Unha faixa envolvente que serve de portada do conxunto, deseñada igualmente por Fino Lorenzo, consegue a unidade antes mencionada.
ACTO DE PRESENTACIÓN
A presentación desta obra, dirixida a escolares e a adultos, terá lugar o día 30 de outubro, domingo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar nun acto dirixido por Marta Dacosta que constará da lectura creativa de varios contos a cargo de alumnos do CEP “Neira Vilas” (Peitieiros), do CEP de Sabarís, dos alumnos Xián, Pablo e Antía, do grupo de teatro afeccionado “Xesta Vermella” (Borreiros) e de Paco Barreiro; haberá tamén un concerto do último citado, Paco Barreiro, cantante, músico, compositor e actor.
|