Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro: Carlos Casares. Vida e literatura. De Damián Villalaín.

Presentación de

Carlos Casares. Vida e literatura.

De Damián Villalaín.

Unidos pola amizade con Carlos Casares, Camiño Noia desde a súa etapa de compañeiros de carreira na Universidade de Santiago e Damián Villalaín compartido responsabilidades na Editorial Galaxia durante máis dunha década, ambos amigos ofrecerán unha breve “tertulia” á maneira do lembrado e celebrado Carlos Casares.
Damián Villalaín (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e na actualidade profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Escritor, crítico teatral, editor e xornalista, traballou na revista "Tintimán" e nos xornais "Atlántico diario" e "La Voz de Galicia", foi director do Centro Dramático Galego e subdirector da editorial Galaxia (1991-2002). En 2002 encargouse, xunto con Xan Carballa, da edición do libro Carlos Casares. Os amigos, as imaxes, as palabras. Membro da Fundación Carlos Casares, é un dos mellores coñecedores da figura humana e literaria deste escritor.
O acto terá lugar o vindeiro venres 2 de xuño ás 20:30 horas, para poder rematar ás 22:00, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Está en:  Inicio
Skip to content
Inicio dos faladoiros do IEM: Que son os garranos salvaxes que habitan nos montes de Galicia? por Felipe Bárcena Varela de Limia. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 02 Novembro 2016 03:13
dsc_0115-1

 

O venres 11 de novembro ás 20:30 horas, iniciamos " Os faladoiros do IEM" con "Que son os garranos salvaxes que habitan nos montes de Galicia?" a cargo de Felipe Bárcena Varela de Limia, especialista en mamíferos silvestres e investigador asociado do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía; Bioloxía Celular e Ecoloxía do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias na Universidade de Santiago de Compostela. Ten sido coordinador de máis de doce proxectos científicos de larga duración financiados con fondos públicos e privados; é autor de más de cincuenta artigos en revistas científicas, de numerosos informes oficiais e de tres libros; ten presentado cerca dun centenar de comunicacións en congresos científicos. Dende 2006 a súa actividade científica está centrada na investigación da historia natural dos garranos.
Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)

 

Felipe Bárcena Varela de Limia é especialista en mamíferos silvestres de Galicia, particularmente en lobos e garranos.
Comezou seus traballos de investigación sobre os lobos en 1974, baixo a dirección do profesor don José Antonio Valverde, que fora fundador do Parque Nacional e da Estación Biolóxica de Doñana. Respecto ó lobo, foi o responsable dos censos realizados en Galicia: en 1988 para o ICONA e en 1995 para a Xunta de Galicia.
En 1975 e sendo catedrático don Antonio Martínez, entrou a formar parte do equipo de investigación do Laboratorio de Parasitoloxía, na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Nese mesmo centro e tamén como investigador asociado no Instituto de Investigación e Análises Alimentarias, ha coordinado máis de doce proxectos científicos de larga duración financiados con fondos públicos e privados, entre os que destaca o multidisciplinar: Estudio do coello (Oryctolagus cuniculus L., 1758) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Entre outras actividades relacionadas coa difusión da ciencia, presidiu o comité local do Euro-American Mammal Congress, que no verán de 1998 reuniu en Santiago a máis de 750 especialistas pertencentes a máis de cincuenta países. Durante dezaoito anos foi presidente da Xunta Rectora do Parque Natural das Illas Cíes. É autor de máis de cincuenta artigos en revistas científicas, de numerosos informes oficiais e de tres libros. Ha presentado cerca dun centenar de comunicacións en congresos científicos. Ven realizando a súa labor científica como investigador asociado no Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía; Bioloxía Celular e Ecoloxía do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias na Universidade de Santiago de Compostela, onde ha tutelado, coa dirección a realización de tres teses doutorais e numerosos traballos de postgrado. É membro de numerosas sociedades científicas españolas e estranxeiras, entre outras, membro fundador da Sociedade Galega de Historia Natural e a de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.
Dende o ano 2006 ha centrado a súa actividade investigadora na historia natural dos garranos, que cristalizou nunha teses de doutoramento, na publicación de catro artigos en revistas científicas españolas e estranxeiras, seis comunicacións científicas en congresos internacionais, así como diversos informes e proxectos. Entre 2006-2010 coordinou o proxecto de investigación: "Ecoloxía dos ponis salvaxes (Equus ferus sp.) no centro da Dorsal Galega". Así mesmo ten pronunciado numerosas conferencias sobre os garranos en diversas localidades de España e Portugal.