Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Aínda quedan prazas para a 8ª Xeira Alén Miñor por Terras de Covelo. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 19 Novembro 2016 01:16
Aínda quedan prazas para a 8ª Xeira Alén Miñor que terá lugar por Terras de Covelo o vindeiro sábado 3 de decembro. Animádevos a compartila.
A nova xeira alén Miñor ten un carácter sobranceiramente etnográfico, como é a relación do home cun animal que dende séculos lle proporciona un alimento extraordinario, a garantía de polinización de moitísimas especies vexetais e, neste caso que nos ocupa, luz para alumar os fogares e sobre todo unha relación co máis alá, coa espiritualidade e a devoción, grazas a un elemento fundamental que as abellas melíferas europeas (Apis mellifera L.), e especialmente as novas, de entre 10 e 20 días de vida, producen dentro das colmeas: A cera.
As características físico-químicas tan especiais que ten a cera, facilitan que teña innumerables usos e posibilidades, en diferentes sectores produtivos.
Covelo é un concello cereiro por tradición, especialmente a parroquia de Paraños, onde dende hai máis de tres séculos moitas familias fixeron da cera unha forma de subsistencia.
Toneladas de candeas e exvotos fabricáronse artesanalmente nestas terras que afornecían numerosas localidades tanto de Galicia coma do resto da península. Infinidade de romarías tiñan postos de venda de produtos feitos en Covelo. Incluso o sector da cosmética e do calzado se interesaron polas posibilidades da cera, e abriron canles de comercialización de diferentes xéneros.
Nestes momentos, o sector apícola está sufrindo, posiblemente, o período pior da súa historia. Esta xeira axudaranos a entender mellor como funciona a apicultura e todo o que a rodea, así como o futuro que ten no noso país.
CARACTERÍSTICAS DA VIAXE
DATAS: 3 de Decembro (sábado)
PREZO SOCIOS: 40 EUROS
PREZO NON SOCIOS: 45 EUROS
O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas co seguro, a comida, os guías, e as visitas.
HORARIO APROXIMADO
SAÍDA DO AUTOCAR : 8:15 de Gondomar, dende a explanada do pavillón de deportes.
9.30. En Paraños (Covelo) visitaremos o centro de interpretación, lagar da cera e eira da cera.
12.00 - Na Lamosa (Covelo) veremos o curadoiro das Brasileiras, lagar de cera e, se é posible a eira elevada e outros elementos existentes no lugar.
14.00 Xantar na Reitoral de Fofe (Covelo)
16.00 Visita dun Chozo da serra do Suído ou o Foxo do Lobo
18.30 Nas Neves degustaremos na Cooperativa Condado - Paradanta de requeixo e mel os produtos que nela se producen.
CHEGADA: Ao mesmo lugar de partida. Entre 21:00/22:00
GUÍA: Damián Copena (Investigador da Universidade de Vigo e estudoso do patrimonio apícola cereiro)
Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao telefono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00. Asignarase un número a cada inscrito, que deberá citarse cando se faga o ingreso bancario.
Conta do IEM: ES 95 2080 5035 0730 4001 4164 de ABANCA
Unha vez feito o ingreso, agradecemos envíen o xustificante ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo o antes posible.
Non poderán facerse máis de 4 reservas por persoa.