Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Faladoiros do IEM: «Presenza das mulleres»

O Instituto de Estudos Miñoráns comeza un novo ciclo cos faladoiros do IEM.

Dedicado á muller, «Presenza das mulleres», amosa como fío condutor a importancia e participación desta na sociedade.

PROGRAMA:

VENRES, 17 DE NOVEMBRO

 

Eugenia Trigo Aza. Escritora
- 20:00 h. 'Da motricidade humana ao paradigma vida"
Presenta:
Adela Mirás Calvo
IES Val Miñor de Nigrán

 

MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO

 

Adriana Nogueira Gassent. Oceanógrafa
- 20:00 h. ¨A bioloxía pesqueira e as biólogas do mar”
Presenta:
Xosé Ramón García
Xunta de Goberno do IEM

 

MÉRCORES 29 DE NOVEMBRO

 

Chis Oliveira. Doutora en Filosofía
- 20:00 h. ¨Comando da igualdade, a mocidade implicada"
Presenta:
Pilar Vázquez Fouce
Diplomada Universitaria en Enfermería e membro do IEM

 

MÉRCORES 13 DE DECEMBRO

 

Ana Ulla Miguel. Astrofísica
- 20:00 h. ¨A astronomía de hoxe que as astrónomas galegas fan"
Presenta:
María Lemos
Xunta de Goberno do IEM

 

As xornadas desenvolveranse na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo nas datas indicadas e ás 20:00h.

Está en:  Inicio
Skip to content
Acto de entrega do IX Premio de Poesía “Victoriano Taibo” PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 03 Decembro 2016 23:28
foto de xos iglesias lamela  con centola
O xurado do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, acordou concederlle o galardón ao poeta fisterrán de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar. Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un grande etcétera que o autor aproveita habilmente rebordando a súa intención didáctica e presentándonos, a través de imaxes ricas e suxestivas, un proxecto de vida na que cicela a súa propia identidade. Versos con recendo a marusía que evidencian coñecemento profundo e vivencia delongada do mundo mariño nesta “homenaxe á fe infinita que teñen os nosos mariñeiros por este anaco de océano. Unha fe a se representar en distintos rituais que van converxendo ao longo da costa e do tempo”, en palabras do autor. O premio está dotado con 3000€ e unha peza escultórica da autoría de Fino Lorenzo. O acto de entrega, conducido por Marta Dacosta, terá lugar o próximo sábado día 10 de decembro ás 19:30 horas no auditorio municipal Lois Tobío, co seguinte programa:
A banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, abre o acto.
Marta Dacosta fai unha breve lembranza da figura de Victoriano Taibo e recorda tamén a recente publicación da súa obra inédita Contos pequenos.
O CEP Neira Vilas, de Peitieiros, interpreta dous destes contos.
Xosé Lois Vilar fará un breve comentario sobre o libro premiado.
O autor recibe o galardón da man do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e recita algúns poemas da súa obra.
Actuación da banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns.
Despois da quenda de agradecementos clausurará o acto o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
Á saída, no vestíbulo, estará agardando un albaroque de confraternización durante o cal o autor asinará libros para quen o desexe.