Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio
Skip to content
Xoaquín Leiceaga nos Faladoiros Galicia 2017-2020: presente e futuros . PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 18 Xaneiro 2017 17:22

Retransmitido por difusión en continuo.

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres día 20 de xaneiro ás 20:00h ao segundo faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros", no que intervirá o voceiro parlamentario do grupo político con representación no Parlamento Galego, Xoaquín Leiceaga, do Partido Socialista de Galicia.

O acto será presentado por Francisco Ferreira (Alcalde de Gondomar) e moderará a xornada Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

Este evento será retransmitido por difusión en continuo e poderá seguirse igual e indistintamente dende a web do IEM e Facebook do IEM á hora sinalada coa colaboración deK12 Comunicación.