Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana no faladoiro " Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia", o venres 30 de xuño ás 20:30H.

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza o vindeiro venres 30 de xuño ás 20:30H o faladoiro "Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia" por Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana e membro do IEM, que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

PASADO E PRESENTE NO COÑECEMENTO DAS PRIMEIRAS OCUPACIÓNS HUMANAS DE GALICIA

O coñecemento sobre o “cando” e o “como” da orixe do poboamento humano do que hoxe coñecemos como Galicia sufriu un forte retraso na investigación con respecto a outros períodos da nosa Prehistoria. É máis as escasas nocións que se tiñan sobre este período esbozaban unha imaxe de atraso e de conservadorismo anacrónico, que sustentaban o a decimonónica idea do “atraso secular e Galicia”. Na actualidade as investigacións desenvoltas en diferentes puntos de Galicia, nomeadamente na bacía do rio Miño permite ter unha idea totalmente diferente desta época.Estes traballos permítennos falar do intre no que os primeiros grupos humanos establécense na rexión fai algo máis de 300.000 anos. As mostras das actividades destes primeiros galegos as podemos observar en xacementos tan representativos como as Gándaras de Budiño, O Cabrón ou Porto Maior. En Porto Maior temos as primeiras mostras seguras de presenza humana en Galicia, datadas en cerca de 300.000 anos. Tamén atopamos un escenario de ocupación, caracterizado por unha grande acumulación de útiles, a cal non atopa paralelo estrito en todo o continente europeo. Gándaras de Budiño e O Cabrón nos falan dos últimos grupos que empregan unha forma de traballar a pedra que chegou de África miles de anos antes. Os humanos que habitaban estes dous xacementos son dos últimos exemplos das xentes que usaban esta tecnoloxía e xa son
Está en:  Inicio
Skip to content
Pedro Puy nos Faladoiros Galicia 2017-2020: presente e futuros. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 29 Xaneiro 2017 14:19
O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres día 3 de febreiro ás 20:00h ao cuarto faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros", no que intervirá o voceiro parlamentario do grupo político con representación no Parlamento Galego, Pedro Puy, do Partido Popular.
O acto será presentado por Ángel Manuel Rodal ( Alcalde de Baiona) e moderará a xornada Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito).
O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.
A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.
Este evento será retransmitido en directo por difusión en continuo e poderá seguirse igual e indistintamente dende a web do IEM e Facebook do IEM á hora sinalada coa colaboración de K12 Comunicación.