Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Nigrán acolle a presentación de A senda de sal de Fran Fernández Davila. Xoves día 14, ás 20 horas,

A editorial Galaxia, coa colaboración do IEM, presenta esta novela que ten a Panxón como un dos seus protagonistas

Este xoves día 14, ás 20 horas, no Salón de Plenos de Nigrán, a Editorial Galaxia, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presentan a novela A senda de sal de Fran Fernández Davila.

Na presentación, o autor estará acompañado de Juan González, alcalde de Nigrán, e a escritora Marta Dacosta, da Xunta de goberno do IEM.

O autor, Fran Fernández Davila

Vigués residente en Panxón, enxeñeiro de Minas, nos últimos anos comezou dar a coñecer a súa obra literaria. En poesía resultou finalista do Premio Victoriano Taibo nas dúas últimas edicións, coas obras Capetón e Saint-Pierre-et-Michelon. En 2017, comezou acadar os primeiros premios en narrativa, o de Relato Curto "A Cividade" de Mos, con "O premio", e o de MicroCatrorrelatos, con "As balas de Kock". Ese mesmo ano, obtén o Premio de novela por entrega de La Voz de Galicia con A senda de sal.

A senda de sal

Intriga, segredos, poesía, mar, historia e memoria son os ingredientes cos que o autor compón esta obra que nos vai enredando nas súas redes até atraparnos. A senda de sal é unha novela ambientada no sur de Galiza, que une presente e pasado e crea un fresco literario en que Panxón, o Val de Miñor, é protagonista.

Un vello mariñeiro de Panxón, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar unha serie de acontecementos da súa mocidade que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo e o Val Miñor xogaron un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñeiro e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da

Está en:  Inicio
Skip to content
9ª XEIRA ALÉN MIÑOR, TERRAS DE BRAGA. DATAS: 25-26 Marzo de 2017 PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 04 Febreiro 2017 15:35
bimg_0031
Na semana de principiar o equinoccio de Primavera, precedido dunha esgrevia invernía, retomamos de novo as xeiras lonxe do Val , as Xeiras Alén Miñor.
A curiosidade e a ansia de coñecemento lévanos a petar, de novo, na porta dos nosos irmáns de lingua e tradición. Braga é a cidade elixida desta volta. Difícil é non atopar unha referencia cultural en cada unha das rúas, recunchos e prazas da vila vella.
Fundada polos romanos no 16 a.c. e nomeada "Bracara Augusta" en honor do emperador César Augusto, foi capital da Gallaecia, e de aquí irradian diferentes vías romanas que comunicaban Braga con outros territorios, entre eles Galicia.
Temos por diante unha fin de semana cun apaixonante itinerario, onde percorreremos en pouco espazo físico diferentes estilos arquitectónicos e culturas milenarias, nalgúns casos moi difíciles de ver nunha visita pública, xa que algunhas das referencias están nun período de cata e prospección arqueolóxica.

NÚCLEO ARQUEOLÓXICO DA ESTACIÓN DE FERROCARRIL

Monumento de tradición indíxena prerromana. Funcionaba como balneario ritual.

NÚCLEO ARQUEOLÓXICO DA CUÍÑA DA CIVIDADE

 

Comprende unhas termas públicas e o teatro, descuberto en1999. Encóntranse en fase de escavación e estudo, sendo posible identificar xa parte da orchaestra, da cavea e da scaena, rematada ao norte por unha basílica.

Neste núcleo obsérvanse estruturas do período suévico-visigótico
NÚCLEO ARQUEOLÓXICO DA ESCOLA VELHA DA SÉ
Casa Romana e Cerca Medieval
Formado por un conxunto de ruínas atribuídas ao período romano e medieval, permitiron descubrir parte dunha casa romana, datada no século I. Visible no local unha torre da muralla do século XIV.

NÚCLEO ARQUEOLÓXICO DA FONTE DO ÍDOLO

Santuário Rupestre pré-Romano e Romano
A Fonte do Ídolo é coñecida dende o século XVIII. Trátase dun santuario/fonte rupestre de orixe prerromana, dedicado á deusa indíxena Nabia, que estaría conectado a cultos acuáticos e da fertilidade.
Trátase dun monumento único no seu xénero, cuxa lectura epigráfica suscita aínda algunha controversia,

NÚCLEO DA TORRE DE SANTIAGO

Edifício Medieval
Impoñente torreón do século XV.
NÚCLEO ARQUEOLÓXICO DA SÉ CATEDRAL
Edifícios Romanos e Templo Medieval
Construída nun local onde existían edificios culturais romanos que deron lugar, os séculos IV-V, a un primeiro templo cristián de planta basilical, a Catedral de Braga. É a máis antiga catedral portuguesa. Edificio monumental, de sólida construción granítica, conserva gran parte do proxecto arquitectónico románico.
NÚCLEO DO PAÇO EPISCOPAL
Edifício Medieval
obra dos séculos XIV e XV.
Construído sobre restos da cidade romana extramuros, reaproveitando os mesmos perpiaños, é unha edificación sobria, con aparencia de fortificación.
NÚCLEO DO CASTELO
Torre da homenaxe, edificada no decurso do século XIV
VILA E BALNEARIO ROMANO, IGREXA E MOSTEIRO SUEVO-VISIGOTICO; SARCÓFAGO MEDIEVAL
O encadramento paisaxístico do local coñeceu profundos cambios, configurándose agora como unha sucesión de espazos residenciais, entre espazos agrarios, inseríndose xa no perímetro urbano da cidade de Braga.
As ruínas da basílica sueva localízanse baixo a actual igrexa parroquial,
CONXUNTO MONUMENTAL DE SÃO FRUTUOSO E SÃO FRANCISCO, Real
Mausoléu Visigodo de São Frutuoso; Mosteiro Visigodo (de São Salvador); Convento Medieval e Moderno de São Francisco
Localízase nun pequeno outeiro denominado Montélios, nos arredores da cidade de Braga. O lugar, encadrado polo conxunto composto pola igrexa e mosteiro de San Francisco e polas casas rurais próximas, conserva aínda algunha aparencia da súa implantación rural orixinal.
O mausoleo sería reconstruído na alta Idade Media, no contexto da organización astur-leonesa do territorio e acompañando probablemente a implementación do culto de San Frutuoso. Integrada nas ampliacións posteriores do mosteiro de San Francisco, a pequena capela quedaría emparedada entre as ás do convento. Redescuberto en 1897 polo arquitecto Ernesto Korrodi. O monumento foi suxeito a un discutido proxecto de restauración na década dos 30 do século XX, orientado polo arquitecto João de Moura Coutinho.

SAN MARTIN DE TIBAES

Fundado a finais do século X, transformándose, co apoio real , nun dos máis ricos e poderosos mosteiros do norte de Portugal. Co Movimento da Reforma e a fin da crise relixiosa dos séculos XIV a XVI, o Mosteiro de S. Martinho de Tibães é testemuña da fundación da Congregación de S. Bento de Portugal e do Brasil, e transfórmase na casa matriz de todos os mosteiros bieitos e centro difusor de culturas e estéticas. A importancia do Mosteiro de Tibães medra tamén polo papel que desempeñou como auténtica escola dun conxunto de arquitectos, mestres pedreiros e carpinteiros, entalladores, douradores, ensambladores, imaxineiros e escultores, cuxa produción en todo o Noroeste peninsular quedo ligada ao mellor do que se fixo na arte portuguesa dos séculos XVII e XVIII.

ITINERARIO

Sábado 25

Mañá Braccara Augusta

Balneario Prerromano, Termas e Teatro Romano, Domus Romana e Núcleo arqueolóxico Fonte do Ídolo.

Xantar en Braga

Tarde

Braga Medieval, Románica e Romana

Domingo 26

Mañá

San Frutuoso e San Martiño de Dume. Dun templo a outro desprazarémonos camiñando pola vía romana

Xantar

Tarde

San Martín de Tibaes (Casa Matriz dos Beneditinos)

CARACTERÍSTICAS DA VIAXE

DATAS: 25-26 Marzo

 

PREZO SOCIOS: 115 EUROS
PREZO NON SOCIOS: 125 EUROS

Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, co seguro, dúas comidas, un almorzo, os guías, as entradas a tódolos lugares e a pernocta no Hotel Villa Garden de Braga.

HORARIO APROXIMADO

 

SAÍDA DO AUTOCAR : 8:00 de Gondomar o sábado 25 dende a explanada do Pavillón de deportes.
CHEGADA: Noite do Domingo 26 a Gondomar, mesmo lugar de partida. Entre 21:00/22:00
GUÍAS:Luís Fontes e Manuela Martíns (Catedráticos Universidade do Minho )

 

Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao telefono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo