Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Nigrán acolle a presentación de A senda de sal de Fran Fernández Davila. Xoves día 14, ás 20 horas,

A editorial Galaxia, coa colaboración do IEM, presenta esta novela que ten a Panxón como un dos seus protagonistas

Este xoves día 14, ás 20 horas, no Salón de Plenos de Nigrán, a Editorial Galaxia, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presentan a novela A senda de sal de Fran Fernández Davila.

Na presentación, o autor estará acompañado de Juan González, alcalde de Nigrán, e a escritora Marta Dacosta, da Xunta de goberno do IEM.

O autor, Fran Fernández Davila

Vigués residente en Panxón, enxeñeiro de Minas, nos últimos anos comezou dar a coñecer a súa obra literaria. En poesía resultou finalista do Premio Victoriano Taibo nas dúas últimas edicións, coas obras Capetón e Saint-Pierre-et-Michelon. En 2017, comezou acadar os primeiros premios en narrativa, o de Relato Curto "A Cividade" de Mos, con "O premio", e o de MicroCatrorrelatos, con "As balas de Kock". Ese mesmo ano, obtén o Premio de novela por entrega de La Voz de Galicia con A senda de sal.

A senda de sal

Intriga, segredos, poesía, mar, historia e memoria son os ingredientes cos que o autor compón esta obra que nos vai enredando nas súas redes até atraparnos. A senda de sal é unha novela ambientada no sur de Galiza, que une presente e pasado e crea un fresco literario en que Panxón, o Val de Miñor, é protagonista.

Un vello mariñeiro de Panxón, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar unha serie de acontecementos da súa mocidade que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo e o Val Miñor xogaron un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñeiro e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do libro " Na casa da avoa" de Marta Dacosta o venres 21 de abril ás 20:00h PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 07 Abril 2017 19:15
presentacin na casa da avoa-gondomar

O venres 21 de abril ás 20:00h terá lugar a presentación do libro " Na casa da avoa" de Marta Dacosta, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.

Acompañada por María Reimóndez (escritora) e Franciso Castro (Editorial Galaxia)

Interpretarán poemas: Carlota Mosquera, Marta Fialho, Noelia Flannagan e Aldán Dacosta (estudantes da ESAD)

Na casa da avoa

Na casa da avoa é unha reflexión tecida con tres fíos: o da literatura, o da historia e o da vida. O tear en que se encontran mulleres míticas e mulleres reais, personaxes literarias e personaxes históricas, todas invisíbeis, porque se unhas son anónimas, outras, malia teren nome e coñecérmolo, foron deformadas, asimiladas e precisamos re-coñecelas.

Estas mulleres son as nosas avoas. Eses seres fabulosos que nos coidaron, que nos amaron e nos inculcaron dunha forma sutil, mais constante, o desexo de rebelarnos ou revelarnos, retirar os veos para vernos como somos, para descubrirnos, coñecernos. Abrazarnos tamén.

Avoas que nos sementaron a necesidade de falarmos coa nosa propia voz. E chegou o tempo de sermos nós as que falemos de Medea, Nefertiti, Ofelia ou Urraca.

Na casa da avoa é un libro de poesía, mais ten vocación de "cobertor desmesurado para abrigar as nosas almas do silencio". Por iso nas súas páxinas hai mulleres de carne e óso, as avoas que nos foron parindo, xeración tras xeración.

 

Marta Dacosta (Vigo, 1966).

Publicou os libros de poesía: Crear o mar en Compostela, premio de poesía "O Grelo" 1993, Pel de ameixa, premio González Garcés 1995, Setembro, premio "Martín Códax" 1998, En atalaia alerta, accésit do Esquío 1999, As Amantes de Hamlet, 2003, Cinsa, 2009, Acuática alma 2011, Argola, premio O Figurante edicións 2013 e Dun lago escuro, premio Joham Carballeira 2013. A súa obra está recollida en diversas antoloxías como: Veinte puntos de fuga, do Ministerio de Cultura de Venezuela, Compañeira tristeza, Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo, Poetes gallecs d'avui, Llibres del Segle ou Galician poetyr, Metamorphoses 22, Massachussetts. Publicou tamén o libro de viaxes Baixo Miño 2009, os textos do proxecto Un mar de mulleres 2010 e estudos sobre a obra de X.L. Méndez Ferrín, Victoriano Taibo ou Manuel María.

Páxina na Asociacións de Escritoraes en lingua galega: http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/marta-dacosta

Caderno persoal na rede: http://www.blogoteca.com/acuatica07/index.php