Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROXECTO EQUUS CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA. A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

PROXECTO EQUUS
CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA.

A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

Hoxe, venres 29 de decembro, nunha roda de prensa no salón de actos do Centro de Interpretación do Patrimonio de Taboexa (As Neves) presentouse ao público a que, sen dúbida, é a mellor superficie de arte rupestre descuberta en Galicia nas últimas dúas décadas.

Estiveron presentes na mesa Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves; Cándido Verde, Xosé Álvarez "O Buraco" e Xilberte Manso, descubridores do petróglifo, Xosé Lois Vilar, Eloy Martínez e Manolo Ledo, da sección de arqueoloxía do IEM, acompañados polo presidente da Comunidade de Montes de Taboexa.

Os participantes apoiaron as súas intervencións na proxección de fotografías e renderizados de modelos 3D resaltando as principais características e singularidades do conxunto de petróglifos descuberto.

Ó remate da roda de prensa desprazáronse á zona do descubrimento para completar as súas explicacións.

Desde o Instituto de Estudos Miñoráns continuaremos cos traballos que nos leven a completar o estudo deste extraordinario conxunto de gravados rupestres considerado xa un dos mellores de Galicia polo seu tamaño, pola súa tipoloxía e pola cantidade e variedade de figuras representadas.

Está en:  Inicio
Skip to content
XEIRA IEM-Gondomar: Polas estremas de Gondomar. Mércores 19 de xullo, ás 18:30h PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 15 Xullo 2017 16:27
O vindeiro mércores 19 de xullo gozaremos doutra nova xeira, esta vez polo concello de Gondomar, dentro do programa Xeiras do verán 2017 do IEM, e coa colaboración deste concello, "Polas estremas de Gondomar". O punto de encontro será no local do IEM (Avda. Da Feira, 10 baixo) ás 18:30H, e será guiada polos especialistas Xosé Lois Vilar Pedreira e Xosé Ramón García Martínez.