Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Xogos populares Galicia- Sáhara. Xoves 10 de agosto ás 18:00h. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 06 Agosto 2017 11:45
captura de pantalla 2017-08-06 a las 11.43.19

O vindeiro xoves 10 de agosto, con motivo das actividades que o IEM está a levar coas familias acolledoras de nenos e nenas saharauís, terá lugar unha xornada de xogos populares galegos e saharauís, nos que participaremos dun intercambio deste patrimonio cultural. Os elementos característicos que nos achegan a cooperación, á diversidade, a tomar conciencia da propia identidade e axuda a incorporar as regras promovendo o respecto polos/as outros/as.

Estas xornadas van dirixidas tanto ás familias acolledoras, nenos e nenas como a aquelas familias que queiran compartir estes momentos lúdicos con nós.

O lugar da celebración dos xogos será no Parque Ponte de Rosas ás 18:00h. O enlace do punto de encontro é o seguinte:

https://drive.google.com/open?id=1xlBx3q2g98anByfVy3-6s0rndVU&usp=sharing

A organización dos xogos estará a cargo de: María Lemos, Alba Costas, Nano Portela e Begoña Martínez.

Os xogos populares galegos serán os seguintes.: Chave, Zancos, e Corda, e o Pano como final colectivo.

Os xogos populares saharauís serán os seguintes.: Pisu, Dama, Talbat e o Ometsalvi como colectivo final.