Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Convocatoria Asemblea Xeral Socios/as. Luns 25 de marzo.

Por medio da presente, convócase aos socios/as á Asemblea Xeral de Socios/as da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA DA REUNIÓN: Luns 25 de marzo de 2019

HORA DA SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA DA SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente á Asemblea Xeral do 7 de febreiro de 2018.

2. Informe director.

3. Aprobación se procede das Contas anuais 2018 da asociación.

4. Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2018.

5. Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.

6. Presentación da Memoria de actividades 2018 da asociación.

7. Proxectos para o ano 2019.

8. Rogos e preguntas.

Informámoslles que están a súa disposición, no local do IEM, as actas nomeadas na orde do día para a súa aprobación e as contas do IEM.

Está en:  Inicio
Skip to content
Veredicto Final do III Certame de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Venres, 10 Setembro 2010 16:02
Download this file (ACTA 2010.pdf)
Download this file (folla informativa do xurado.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Gañadora: Mª GORETTI FARIÑA CAAMAÑO coa obra Devastacións dispoñibles

{youtube width="200" height="160"}dPxsXzRpmMY{/youtube}

No día de onte, 9 de setembro de 2010, o Xurado da Terceira Edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo, instituído pola Entidade Local de Morgadáns (Gondomar) e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), e integrado por:

Gonzalo Navaza Blanco, profesor e escritor, membro do IEM

Marta Dacosta Alonso, poeta e profesora, membro do IEM

Elvira Riveiro Tobío, poeta e cogañadora da segunda edición deste premio

Mª Carmen Caramés Gorgal, poeta e cogañadora da segunda edición deste premio

Araceli Gonda Cabreira, xornalista e guionista

e no que actuou como secretario (sen voto) e representación do IEM, Miguel Anxo Mouriño Fernández, e presidido polo Presidente da Entidade Local de Morgadáns, Urbano Esmerode Domínguez (sen voto) acordou por unanimidade adxudicarlle o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao poemario titulado Devastacións dispoñibles, do que é autora Mª GORETTI FARIÑA CAAMAÑO, do que valorou especialmente o lirismo que, co trasfondo dunha perceptible tristeza existencial, impregna o poemario, así como un manexo elegante e eficaz da lingua para expresar con amenidade estes sentimentos.

Achegamos para descargar a acta coa resolución do xurado e a folla informativa coa valoración da obra

Conferencia de Prensa do 10 - 09 - 2010. III Certame de Poesía Victoriano Taibo
Attachments:
Acta do Xurado[ ]195 Kb
Folla informativa do xurado[ ]420 Kb