Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Faladoiros do IEM: «Presenza das mulleres» mércores 13 de decembro ás 20:00H, Ana Ulla Miguel ¨A astronomía de hoxe que as astrónomas galegas fan"

O Instituto de Estudos Miñoráns ofrecerá o vindeiro mércores 13 de decembro ás 20:00H o faladoiro ¨A astronomía de hoxe que as astrónomas galegas fan", por Ana Ulla Miguel, astrofísica, dentro do ciclo «Presenza das mulleres»

Será presentada por María Lemos Cerqueira, mestra e membro da xunta de goberno do IEM.

O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.

Ana Ulla Miguel

Biografía

Doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de A Laguna coa especialidade de Astrofísica. Profesora Titular de Universidade do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, desde xaneiro de 2001, desempeñando con anterioridade diversos postos de investigación e docencia en centros nacionais e estranxeiros. É, desde a súa creación no ano 2005, a investigadora principal do Grupo AS1 de Astronomía e Astrofísica da UVIGO. Membro da Unión Astronómica Internacional (IAU), da Sociedade Española de Astronomía (SEXA), da Real Sociedade Española de Física (RSEF) e da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT). É ademais integrante do padroado da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3), que xestiona o Observatorio Astronómico de Forcarei (OAF).

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do libro " Ser modou modou" de Cheikh Fayé. Mércores 20 de setembro ás 20:00h. Presenta Marta Dacosta. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 14 Setembro 2017 23:17
508347-944-832
O vindeiro mércores 20 de setembro ás 20:00h o IEM acollerá a presentación do libro " Ser modou modou" do senegalés Cheikh Fayé. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas , Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Cheikh Fayé emigrou á Coruña desde o seu Senegal natal buscando un futuro mellor, mais a crise tamén derrubou as súas arelas e hoxe vai tirando coa venda ambulante, como a maioría dos seu compatriotas.
O seu esforzo por integrarse e comprender Galiza, fai que hoxe non só se denomine a si mesmo senegalego, senón que mesmo comparta a nosa lingua, sendo este Ser modou modou o primeiro libro escrito en galego por un senegalés de nacemento.
Da súa odisea, metáfora da odisea doutro pobo obrigado a buscar o futuro na emigración, fala este libro.
María Xosé Bravo escribe no prólogo: "Estes textos que se presentan aquí ...son, nestes tempos de valados e fronteiras, un espazo libre, un xeito de diálogo con espírito aberto de reflexión crítica; unha visión sobre Galiza dunha persoa nacida a miles de quilómetros na África atlántica. Haberá outras moitas visións sobre Galiza, sen dúbida, mais esta ten mirada limpa, inocente, amable (demasiado amable?) mais tamén crítica, cando cómpre, sobre o noso país e as súas xentes."
O autor estará acompañado pola escritora e coordinadora da sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Marta Dacosta.