Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Convocatoria Asemblea Xeral Socios/as. Luns 25 de marzo.

Por medio da presente, convócase aos socios/as á Asemblea Xeral de Socios/as da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA DA REUNIÓN: Luns 25 de marzo de 2019

HORA DA SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA DA SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente á Asemblea Xeral do 7 de febreiro de 2018.

2. Informe director.

3. Aprobación se procede das Contas anuais 2018 da asociación.

4. Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2018.

5. Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.

6. Presentación da Memoria de actividades 2018 da asociación.

7. Proxectos para o ano 2019.

8. Rogos e preguntas.

Informámoslles que están a súa disposición, no local do IEM, as actas nomeadas na orde do día para a súa aprobación e as contas do IEM.

Está en:  Inicio
Skip to content
Xardín Desordenado presenta no Instituto de Estudos Miñoráns o seu último disco: "CASARES". Xoves 21 de decembro, ás 20:00 horas. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 09 Decembro 2017 02:13
xd
Xardín Desordenado presenta no Instituto de Estudos Miñoráns, o xoves 21 de decembro, ás 20:00 horas o seu último disco: "CASARES"

Con motivo da designación de Carlos Casares como autor do Día das letras Galegas 2017, Xardín Desordenado confeccionou un programa na súa homenaxe, no que se inclúen cancións con diversos textos do autor, algún deles ben coñecidos coma "A Galiña Azul" ou "Un polbo xigante", pero outros publicados ata agora só en revistas especializadas.

Xardín Desordenado

Hai sete anos, un grupo de músicos reuníronse nunha bufarda de Tirán Igrexario (Moaña) para musicar a poetas galeg@s. Aínda que de distintas procedencias musicais e mesmo xeracionais, todos eles tiveran contactos co jazz, que aparece como fondo de moitos dos seus arranxos. As súas composicións van dende o blues e o swing, ata o bolero e a bossa nova.

Publicaron dous CD, un dedicado a poetas homes e outro dedicado a poetas mulleres, e presentaron os seus traballos en numerosos auditorios, como a Cidade da Cultura, o museo Verbum de Vigo, o Pazo de Cultura de Pontevedra, o museo Provincial de Lugo, o auditorio Afundación de A Coruña etc.

En 2014 viaxaron ata Bos Aires onde ofreceron concertos en diversos teatros e auditorios.