Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación de "E veu o lume" en Chandebrito no Colexio Estudio ás 20:00H PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 14 Decembro 2017 02:06
captura de pantalla 2017-12-14 a las 0.45.54

 

 

Venres 15 de decembro de 2017 presentamos en Chandebrito, no Colexio Estudio, o videoclip "E veu o lume", gravado polo grupo Cantares do Brueiro e Tino Baz na Madanela das Eiras (O Rosal), na Serra do Galiñeiro (Vincios) e no Castro de Chandebrito (Nigrán).

Intervirán Anxo Vaz dos Cantares do Brueiro, Xosé Lois Vilar Pedreira do Instituto de Estudos Miñoráns, proxéctase o videoclip e fala e canta e sinte Tino Baz.

No sábado 14 e no domingo 15 de outubro veu o lume, pero non veu de seu. Arderon montes, veigas, casas, coches, morreron persoas; aquí Maximina e Ánxela. Comprobamos así que hai moito no noso país que non funciona ou que funciona mal ou ó gusto duns poucos. Pouquísimos.

A intención da música que vén desde o máis fondo do noso país A Guarda, e desde o máis fondo do corazón é transmitir unha mensaxe de desacordo e de esperanza e aproveitar o desastre humano, ecolóxico, político para xurdir das cinzas e erguernos como pobo, rebelarnos de maneira activa e tentar deseñar o noso futuro.

É un grito colectivo musicado que presentamos agora en Chandebrito e no mes de xaneiro nas Neves.