Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Xoán Doldán fala no IEM sobre a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia. PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 28 Xaneiro 2018 22:52
doldn

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres día 2 de febreiro ás 20:30h ao primeiro faladoiro de anticipación do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros", no que intervirá o profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e presidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán García .

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM).

O contido da xornada tratará sobre a aplicación da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a súa afectación, consecuencias e alternativas no ámbito rural.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.