Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do documental “O lado escuro do carbón”. Venres 7 de decembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM -Gondomar

Día: venres 7 de decembro
Hora: 20:30h
Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM -Gondomar

 

Presentado e realizado por Greenpeace.

O carbón deixa un escuro rastro tras de si. A súa queima en centrais térmicas como as de Meirama e As Pontes xera inxentes emisións de CO2, converténdoo no principal causante do cambio climático e de graves problemas sociais e de saúde.

O documental "O lado escuro do carbón" (Título orixinal: El lado oscuro del carbón) fai unha recompilación dos impactos da súa extracción e combustión en diferentes localizacións do Estado. As desgarradoras testemuñas de médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción relatan todo o que agacha o carbón: destrución da contorna, contaminación, problemas sociais, doenzas graves... Estas voces, case que sempre ignoradas e silenciadas, son as protagonistas dunha loita chea de dificultades pero tamén de esperanza.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
José González no terceiro faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros”. Problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais. Venres 9 de marzo ás 20:30 h. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 04 Marzo 2018 00:24
gonzlez vzquez jos

José González, voceiro do Partido Popular de Galicia na Comisión de Agricultura, Gandaría e Montes, participará o vindeiro venres 9 de marzo ás 20:30 horas no terceiro faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros" no que seguiremos a tratar a situación de Galicia respecto das problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais".

Moderará a xornada David Reinero, xornalista de Praza Pública.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.