Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- BAIONA-A Serra da Groba, a ladeira da Groba.Martes 21 de agosto ás 18:30h.

O vindeiro martes 21 de agosto ás 18:30h terá lugar a novena xeira de verán polo concello de Baiona, A Serra da Groba, a ladeira da Groba,dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira e Xilberte Manso de la Torre.

O punto de encontro será no Colexio de Belesar.

https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=13ye5wuH7TwFQbCNGuZPyshDGWybge4qa&ll=42.0825696%2C-8.81719350000003&z=17

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

Está en:  Inicio
Skip to content
I CERTAME ESCOLAR DE CREACIÓN DRAMÁTICA PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 05 Abril 2018 21:18
1.1 dramatica

 

Reunidos os membros do xurado integrado por:

Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granja Paz, representando aos grupos da sección de teatro, Luis carballo Moure, membro do IEM, actuou como secretario, nos locais do Instituto de Estudos Miñoráns, acordaron por unanimidade a concesión do premio do I Certame escolar de creación dramática, promovido e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns, ao Ceip Barrantes (Tomiño) pola obra: Oito apelidos galegos.

A obra está escrita polos alumnos/as de quinto de primaria con idades comprendidas entre os 10 e 11 anos.

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo alumnado.
Ademais, o xurado decidiu entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación e un libro.