Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
PRESENTACIÓN MAÑÁ MÉRCORES 27 DE XUÑO DAS XEIRAS IEM VERÁN 2018 NO PARADOR EN BAIONA PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 26 Xuño 2018 17:24
1.calendario xeiras vern 2018

 

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza ás xeiras para este verán 2018. Son doce visitas guiadas e dirixidas por especialistas no tema da visita, de interese histórico, artístico, natural e paisaxístico que se realizarán nos tres concellos do Val de Miñor: Gondomar, Nigrán e Baiona e no Baixo Miño: Tomiño.

A duración media das xeiras é de 3:00H a 3:30H.

Este mércores 27 de xuño ás 17:00h terá lugar a presentación das xeiras do IEM no restaurante A Pinta no Parador de Baiona.

Resaltamos este ano a innovación que supón a incorporación a todas as xeiras de dúas intérpretes en lingua de signos.