Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XVIII XEIRA ALÉN MIÑOR A CORUÑA E A MARIÑA CORUÑESA (24-25 de novembro)

As primitivas dimensións da Coruña ocupaban o que hoxe se coñece como Cidade Vella. Era A Coruña intramuros, e tanto o seu trazado como a súa arquitectura explican a historia desta cidade.A Cidade Vella fíxose á medida humana.Pedra, vidro e madeira mesturáronse para dar acubillo a fidalgos como a artesáns ou mariñeiros. A Porta Real foi a primeira entrada á primitiva cidade.

Moito que ver ou recoñecer nesta cidade vella, acompañados por un guía que é un dos referentes da cultura contemporánea do país, Felipe Senén.

A sede oficial da Real Academia (edificio dezaoitesco), noutro tempo propiedade de Pardo Bazán, moi preto da Colexiata de Santa María (principios do sc. XIV) que foi a igrexa dos gremios do mar e do comercio

Na contorna sitúase a Praza de Azcárraga. Está trazada sobre dous planos diferentes. No máis elevado enmárcase a antiga praza da Fariña, en cuxa bonita bóveda se acubilla a fonte do Desexo; no plano inferior está o palacio neoclásico da rexión militar noroeste, que data de 1740 e que acolleu a constitución da Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808, con motivo do alzamento coruñés contra as tropas napoleónicas.

O Convento de Santo Domingo levantouse a finais do século XIII, foi incendiado polos homes de Francis Drake a fins do XVII. A Igrexa data do século XVII e é de estilo barroco galego.

Moitos persoeiros, aventureiros, escritores, filósofos, científicos, ou persoas sen título como María Pita, que se enfrontou a Drake ou lideraron a resistencia ós franceses, viviron ou tiveron relación coa cidade. O Duque de Toscana, Cosme de Medicis, nunha das súas viaxes de coñecemento, o mariño Alejandro Malaspina, militares ou estadistas, como Porlier ou Melchor de Macanaz. Sir John Moore (repousa nos xardíns de San Carlos). Personaxes, espíritos da cidade ou simples cidadáns que inspiraron á Condesa de Pardo Bazán en "A Pedra Angular" ou a obra de Murguía e de Rosalía, os que xogaron co neno Pablo Picasso, que iluminaron o pensamento de Wenceslao Fernández Flórez ou de Salvador de Madariaga.

A cidade vella agocha máis recunchos queridos polos seus veciños, como o A Praza e O Convento das Bárbaras, próximos o Castelo de San Antón (hoxe Museo Arqueolóxico), antiga fortaleza do século XVI que se edificou sobre unha illa para protexer a entrada da ría dos ataques do pirata Drake. Ou o arquivo do Reino De Galicia (1775), que está encargado da recollida, custodia e posta a disposición do público da documentación de ámbito galego e provincial, xerada por diversos organismos de carácter xudicial ou administrativo con sede na provincia da Coruña.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Río de Táboas. O novo parque forestal de Nigrán. Martes 7 de agosto ás 18:30h. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 02 Agosto 2018 17:24
captura de pantalla 2018-08-02 a las 22.37.18
O vindeiro martes 7 de agosto ás 18:30 h terá lugar a sétima xeira de verán polo concello de Nigrán, Río de Táboas. O novo parque forestal de Nigrán, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Xosé Ramón García.

O punto de encontro será na Igrexa de Camos:

https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=1_vcCQXm0vjB7xHGBpfjjAlViEHhanZE7&ll=42.146887799999966%2C-8.765104999999949&z=17

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

Río Táboas: o novo parque forestal de Nigrán.

Para os que nos acompañaron na xeira de 2007 por este mesmo río temos unha mala noticia. A vaga de lumes do 15 de outubro de 2017 cebouse tamén nesta contorna (lembremos as dúas mortes en Chandebrito) , e hoxe podemos ver o resultado a curto prazo. O que naquel 2007 era unha fraga rica en biodiversidade, inzada de fentos e vexetación autóctona, é hoxe un modelo de colonización por plantas oportunistas. O dosel arbóreo de amieiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix atrocinerea) foi substituído por unha cobertura monoespecífica a base de Eucaliptus globulus, que deixan ver ao seu pe unha alfombra verde azulada de plantóns de 1 ano de idade desta espécie. Nas zonas máis asolladas vemos un auténtico galimatías de especies xenófitas de toda caste. Vemos plantas de procedencia sudamericana (Helichrysum foetidum), norteamericana (Conyza canadensis, Phytolacca americana), asiática (Polygonum capitatum), de ou sudafricanas () que Tritonia crocosmiflorachegaron aquí a partir de xardíns ou como compañeiras indesexadas de cultivos.