Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Acto de entrega do XI Premio de Poesía Victoriano Taibo. inicio tamén da I Semana poética Victoriano Taibo.

O Auditorio Lois Tobío acolle o acto de entrega do XI Premio de Poesía Victoriano Taibo

Desde este sábado, dá inicio tamén a I Semana poética Victoriano Taibo que enmarca a entrega do premio

 

Organizado polo Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns.

E para achegarnos á data no ambiente poético propicio, o IEM inicia, este sábado día 10, a I Semana poética Victoriano Taibo, que encherá de versos a vila de Gondomar, unha festa poética que terá un fermoso ramo o día 17 coa entrega do premio desta décimo primeira edición a Laura Ramos Cuba.

I Semana poética Victoriano Taibo:

O sábado 10, ás 21:00 h. no Café Rañolas comeza esta celebración poética e será cun Slam poético, un recital aberto en que pode participar quen quixer co único requisito de que os textos que recite, dous, sexan de autoría propia e estean na nosa lingua. Cómpre tan só inscribirse previamente no correo electrónico do IEM (oficina@iem.gal). Un xurado escollido entre o público asistente seleccionará ao gañador ou gañadora da noite.

O luns día 12 a poesía tomará os balcóns e as fachadas de Gondomar, ondeando os seus versos en lonas que reproducirán, entre outros, poemas de autores premiados co Victoriano Taibo.

Nesa semana repartiranse tamén entre 14 establecementos hosteleiros manteis ilustrados con poemas.

E no medio da semana, nun lugar céntrico e frecuentado, podermos gozar dunha sorpresa poético-musical que non poderá ser máis anunciada para que, efectivamente, sexa unha sorpresa.

E así chegaremos ao sábado 17, data de entrega do XI Premio Victoriano Taibo.

A banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, amenizará o acto en que a autora recibirá o galardón da man do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e recitará algúns poemas da súa obra. No acto tamén intervirá o director do IEM, Xulián Maure. Á saída, no vestíbulo, estará agardando un albaroque de confraternización durante o cal a autora asinará libros para quen o desexe.

O premio está dotado con 3000€ e unha peza escultórica da autoría de Fino Lorenzo.

Está en:  Inicio
Skip to content
I Semana Poética do Victoriano Taibo Slam de Poetas (10 de novembro) PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 18 Outubro 2018 00:46
captura de pantalla 2018-10-18 a las 20.19.52

A inscrición deberá facerse en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
A listaxe de participación confeccionarase por rigorosa orde de inscrición.

Normas do Slam

- Pode participar calquera persoa con dous textos propios escrito en lingua galega
- Cada participante terá 3 minutos para recitar o seu texto, se os supera quedará eliminado/a.
- Os únicos elementos que poden intervir no recitado son o corpo e a voz e se fose necesario o texto. Nin música nin outro tipo de atrezzo.
- Un xurado escollido ao azar entre o publico porá nota do 0 a 10 a cada unha das intervencións. No reconto eliminarase a nota más alta e a máis baixa para obter unha media.
- Haberá unha primeira rolda da que sairán 3 persoas clasificadas.
- Na rolda final estas tres persoas recitarán, o sistema de votación será igual ao da primeira rolda, e desa votación sairá a persoa gañadora.