Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio
Skip to content
Últimos lugares para inscribirse no curso "Dende o badal ao clic" da UIMP organizado polo IEM. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 17 Agosto 2012 20:19
CARTAZ_UIMP_IEM

 

Informamos que quedan as últimas prazas para anotarse no curso "Dende o badal ao clic", unha proposta académica da Universidad Internacional  Ménendez Pelayo (UIMP) co obxectivo de preparar a profesionais, estudantes e público en xeral,  ante os desafíos que presentan as novas transformacións que está a sufrir o medio rural en Galicia. O curso se desenvolverá os días 6,7 e 8 de setembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do Instituto de Estudos Miñoranos), en Gondomar e o prazo de inscrición vence o vindeiro martes 4 de setembro.

O curso aportará unha visión global da evolución das sociedades rurais, nos seus aspectos organizativos, representativos, culturais, demográficos, sociolóxicos e lingüísticos entre outros. As palestras estarán a cargo de membros  da UIMP, o IEM, e as universidades de Vigo e Santiago. Para o tratamento do eido urbanístico e municipal contarase con dúas mesas redondas integradas por destacados profesionais do eido así como polos alcaldes de Lugo, Lalín e Pontevedra.

Para inscribirse se debe achegar unha solicitude ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , contendo: Nome e apelidos, DNI, enderezo, código postal, teléfono e estudos ou profesión. O custe da matrícula é de 65 euros para os inscritos a través deste correo electrónico pertencente ao IEM. Unha vez feita a solicitude, o IEM achegará aos inscritos o número de conta onde deben facer efectiva a matrícula. Está dispoñible o teléfono 986360575 para consultas os días luns a venres de 18 a 22 horas.

Organización

O curso desenvolverase na sede do IEM, na Avenida da Feira, Nº 10, baixo (Gondomar). O curso da UIMP, está organizado polo IEM e conta coa colaboración dos Concellos de Gondomar, Baiona e Tomiño. José Eladio Ferrero Fontenla (Licenciado en Psicoloxía e en Pedagoxía e Titular da área de Sobredotación e Altas Capacidades) é o director do curso. Carlos Méixome Quinteiro (Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e Director do IEM) é o secretario.

Créditos:

O curso xerará 1 crédito para as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo; e 2 para a Universidade d'A Coruña.

Programa

Xoves 6 de setembro

  • 17:00- 17:30 - Recollida de material
  • 17:30 - 18:30 - Conferencia inaugural: "A socialización do mundo rural ata o século XX: fundamentos, procesos e crises". Xosé Luis Barreiro Rivas (Director da UIMP en Galicia).
  • 18:30 - 19:30 - Conferencia: "A incorporación dos novos urbanitas ao medio rural. Cambios sociais e participación nas estruturas rurais". Marcial Gondar Portosany (Profesor da USC)
  • 20:00 - 22:00 - Visita guiada ós pazos de Gondomar e Vilarés.  Guía: Arquitecto Antonio Soliño Troncoso (IEM).

Venres 7 de setembro

  • 17:00 - 19:00 - Conferencia coloquio: "A organización territorial no rural. Evolución histórico - social, política e administrativa". 1ª Parte: Gerardo Pereira Menaut (Profesor da USC). 2ª Parte: Ofelia Rei Castelao (Profesora da USC).
  • 19:00 - 19:30 - Descanso - café
  • 19:30 - 21:00 - Mesa redonda: "A formación e transformación do sistema de hábitat rural". Moderador: Vicente Pintos Santiago (Arquitecto - IEM). Integrantes: Manuel Caamaño Suárez (Aparellador), Carlos Varela García (Fiscal do TSX de Galicia), Teresa Táboas (Arquitecta) e Daniel Pino Vicente (Sociólogo).
  • 21:00 - 22:30 Visita guiada ao casco histórico de Baiona. Guía: Xosé Lois Vilar Pedreira (Arqueólogo - IEM)

Sábado 8 de setembro

  • 9:30 - 11:00 - Conferencia coloquio: "A toponimia no rural. Transformación ou substitución". Gonzalo Navaza (Profesor da Universidade de Vigo).
  • 11:00 - 11:30 - Descanso - café
  • 11:30 - 13:00 - Mesa redonda: "O Municipalismo nas novas sociedades rurais e periurbanas. Accións de futuro". Moderador: Xilberte Manso de la Torre (Profesor de Ensino Secundario - IEM). Integrantes: José López Orozco (Alcalde de Lugo), José Crespo Iglesias (Alcalde de Lalín), Miguel Anxo Fernández Lores (Alcalde de Pontevedra).
  • 13:00 - 14:00 Clausura e entrega de diplomas.