Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Inaugurouse o curso "Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas", no IEM. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 06 Setembro 2012 23:17
aula-ponte-de-rosas-2

En Galicia xa "non se sabe tocar as campás" e tampouco "se entenden" , reflexionou Xosé Luis Barreiro Rivas, director autonómico da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) na conferencia inaugural do curso "Dende o badal ao clic", que estase a desenvolver ata o vindeiro sábado en Gondomar. "Sucede que a sociedade xa non o necesita", engadiu. A intervención de Barreiro Rivas centrouse na crise do modelo rural tradicional e os seus imaxinarios sociais até o baleiro de estratexias alternativas na que se atopa, ao seu entender, o país nestes intres.
O acto inaugural desenvolvido na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM), contou tamén coa presenza da deputada provincial Marta Iglesias, quen felicitou á organización polos máis do medio centenar de persoas chegadas de toda Galicia, que responderon ao convite e matriculáronse no curso. Nese senso, informou que a colaboración entre Deputación de Pontevedra e a UIMP -de máis de 20 anos- aposta agora pola descentralización e puxo como exemplos as actividades desenvolvidas este ano en Pontevedra, Vigo, Cambados, Forcarei e esta en Gondomar.
Pola súa banda, José Eladio Ferrero Fontenla, director do curso, agradeceu a UIMP a confianza depositada no IEM para que o Val Miñor conte novamente cuns dos cursos desta prestixiosa institución. Logo de dar a benvida aos participantes, lembrou que o tema que motiva este encontro, naceu nunha conversa sostida con Barreiro Rivas no ano 2009, logo de rematar os cursos sobre arqueoloxía da UIMP, desenvolvidos nesta mesma sede. Daquela, as visibles transformacións que estaba a vivir a Galicia rural e periurbana, levounos a madurar esta iniciativa que concretase nestas xornadas.
A sesión inaugural tamén contou cunha intervención de Marcial Gondar Portosany, quen manifestou a necesidade de reconquistar os valores positivos da cultura tradicional, ser críticos cos novos modelos culturais vencellados á sociedade do consumo, e atopar estratexias sedutoras que permitan achegarllos ás novas xeracións.
Finalmente, Antonio Soliño Troncoso presentou un coloquio sobre a arquitectura dos pazos, senlleira e distintiva do país, a través dun análise dos actuais desafíos no mantemento deses patrimonios. Nomeadamente traballou sobre a Pouza de Vilares (Vilaza - Gondomar) e o Pazo do Conde de Gondomar (Gondomar). Rematando a xornada cunha visita guiada a este último.
O curso continuará este venres 7 de setembro ás 17 horas coas intervencións de Gerardo Pereira Menaut (USC) e Ofelia Rey Castelao (USC) sobre "A organización territorial no rural. Evolución histórico-social, política e administrativa". Posteriormente, terá lugar unha mesa redonda sobre "A formación e transformación do sistema de hábitat rural" integrada por especialistas no eido urbanístico e arquitectónico, coordinada por Vicente Pintos Santiago (IEM). A xornada rematará cunha visita guiada por Xosé Lois Vilar (IEM) ao casco histórico de Baiona.