Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

De A a X. Unha historia de amor e resistencia. Venres 24 de novembro ás 20:30h.

O vindeiro venres 24 de novembro ás 20:30 , o IEM acollerá a obra De A a X. Unha peza de teatro contada en cartas de John Berger. Unha historia de amor e resistencia.
O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.

Xela Marx e Fiona Battersby convidan a compartir a escritura deste poeta, humanista, activista que deixou este mundo no comezo do ano.

Nas súas palabras:

"Cada ser é de máis breve de todas as cousas. Todo o mundo é todo o mundo; e a única cousa que nos frea nese coñecemento, é este ego que é mortal "

De A para X é uma história escrita em forma de cartas. John Berger a escreveu depois de escutar hora tras hora histórias das pessoas na Palestina. A história, porém, poderia acontecer em qualquer lugar.
Aida escreve ao seu amado Xavier que está na prisão. É uma ode ao amor tanto quanto um grito contra a injustiça no mundo.
As palavras que foram infundidas com ternura e uma profunda consciência do estado humano, são chamadas a serem encarnadas.
John Berger escreve: " Uma história escrita é como uma linha reta, um caminho que vai em direção ao horizonte.
Quando as palavras entram no teatro, porém, se convertem em parte de um círculo. "

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do libro “Lembranza da Tecedeira” no IEM. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 21 Xuño 2013 17:50
ligera-capa-tecedeira

Hai algo máis dun ano o noso amigo e membro do IEM Antonio Valverde facía doazón a esta institución, o Instituto de Estudos Miñoranos, dun poema de Victoriano Taibo, Lembranza da Tecedeira, escrito da súa man, asinado e datado en Morgadáns en 1947. Fora creado, manuscrito con letra coidada e preparado con cariño para servir de agasallo a un amigo do poeta. Recentemente chegou ás mans de Antonio quen, xenerosamente, decidiu incrementar con el os fondos da nosa asociación. O IEM procurou, dende o primeiro momento, a súa publicación facsimilar para que os lectores interesados puidesen desfrutar desta xoia tal e como a concibiu o mestre, e agora ten o pracer de presentar publicamente o resultado das súas xestións. Xestións que abrangueron non só aspectos editoriais e literarios, senón tamén financeiros, para o que dispuxemos dende un principio da predisposición da filla do escritor, Gloria taibo, e do seu marido, Miguel Rodríguez, que tanto interese, esforzo e admiración puxo sempre nas cousas do seu sogro; Miguel faleceu recentemente e queremos aproveitar este acto de presentación para renderlle unha entrañable e merecida homenaxe.

O facsímile da Lembranza da tecedeira vai acompañado dun pequeno estudo composto de tres artigos; o primeiro, de Antonio Valverde, sobra a historia do manuscrito; o segundo, de Marta Dacosta, ofrece unha visión lírica e simbólica do poema; o terceiro, de Miguel Anxo Mouriño, analiza o léxico utilizado. Leva, ademais, un cd que contén o poema recitado por Anxo Angueira co fondo musical que, para esta edición, compuxo Antón Seoane.

No acto de presentación participarán Anxo Requeixo, que traballou intensamente co xenro de Taibo para a publicación dos poemarios ata entón inéditos Abicedo e Cabrinfollas; será o encargado da Laudatio do  homenaxeado; Marta Dacosta, que disertará sobre o poema como obra literaria; e Anxo Angueira, que o recitará sobre o fondo musical de Antón Seoane.

Esperamos que sexa un acto entrañable e ameno, que contará tamén coa presenza da viúva, Gloria Taibo, e algúns dos fillos de Miguel. Terá lugar o próximo martes día 25, ás 8 e media da tarde na aula de cultura “Ponte de Rosas” situada en Gondomar, avda da Feira nº 10. Esperamos, tamén, unha nutrida asistencia que lle dea a calor que necesita un acto destas características.