Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Homenaxe literario- musical A ROSALIA e XANTAR ROSALIANO PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Mércores, 16 Outubro 2013 22:47
Cartel--A-Rosalia

Para honrar a memoria da nosa poeta nacional neste ano no que se cumpre o sesquicentenario dun fito tan importante para a nosa cultura como é a publicación do seu primeiro poemario en galego, o Instituo de Estudos Miñoranos organiza unha fin de semana de homenaxe a Rosalía de Castro, que consta de dúas actividades literarias:

A primeira, que titulamos A ROSALÍA, consiste nun acto literario-musical no que se entrecruzarán recitados de poemas rosalianos con interpretacións musicais cuxa letra pertence tamén á cantora de Padrón, acrecentado cunha breve conferencia do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Terá lugar o venres, 18 de outubro de 2013, ás 20:00 horas no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar. A entrada é libre, ata completar a cabida (150 prazas para o público).

Para descarar o cartel deseñado por Fino Lorenzo preme aquí

Para descargar o tríptico co programa, preme aquí

(Biblos), obras que lle permitiron acadar os premios Álvaro Cunqueiro e Gourmand de Literatura Gastronómica. A asistencia a este acto é limitada e cómpre facer reserva de praza antes do xoves 17 de outubro ás 21:30 horas a través dos teléfonos 608266084 e 986 360 575 (de luns a venres de 18 a 22 horas), ou polo correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . O prezo é de 30 €, pagadeiros no transcurso do xantar.

Preme aquí para descargar o Menú