Skip to content
Gala cultural na VI entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 19 Novembro 2013 01:07
ramon-sandoval

Música, teatro e poesía tecerán unha gala cultural que lle dará marco á entrega do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns ao gañador desta edición Ramón Sandoval, consistente en 3000 € en efectivo, unha escultura creada para este certame polo artista Fino Lorenzo e a publicación do libro, Territorio Estraños, que se presentará neste acto. A cerimonia terá lugar o vindeiro sábado 23 de novembro a partir das 19:30 horas, nas instalacións da Escola de Guillufe. O acto será conducido por Marta Dacosta

Como é tradición, a banda de gaitas Balcón do Miñor abrirá o evento ao son da música tradicional. Posteriormente a escritora Elvira Riveiro fará unha breve disertación sobre Taibo e a súa vinculación con Rosalía de Castro. A continuación terá lugar un recital rosaliano a cargo de Dania D’Afonso e o grupo Bertorella escenificará o conto de Taibo “O Can de San Roque”. Trala lectura da acta do xurado terá lugar a entrega dos premios e un breve recital do gañador desta edición, Ramón Sandoval.

Unha vez clausurado o acto, o público está convidado ao albaroque que terá lugar no soto do edificio, amenizado polos amigos do Balcón do Miñor.

Preme aquí para descargar o programa