Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación da recollida de topónimos na parroquia de San Martiño de Borreiros PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Venres, 29 Novembro 2013 03:21
top-borreios
O vindeiro sábado 30 de novembro ás 12:30 horas no Centro Cultural de San Martiño de Borreiros serán presentados nun acto público os resultados da recollida dos nomes dos lugares da parroquia. O proxecto que permitiu a recuperación de máis de 600 topónimos foi desenvolvido polo Instituto de Estudos Miñoranos grazas á colaboración de 34 informantes locais e contou co apoio do Concello de Gondomar.
Durante o encontro o arqueólogo Xosé Lois Vila explicará o proxecto de recuperación dos nomes dos lugares que está a impulsar o IEM en acordo con distintos colectivos socias e administracións públicas. A continuación Anxo Rodríguez Lemos, técnico de campo encargado da recollida, dará conta dos resultados nunha presentación que incluirá unha cartografía confeccionada en soporte dixital, xunto cunha serie de dispositivos que facilitarán a súa utilización para fines científicos ou divulgativos os que serán accesibles a través das webs oficias do Concello de Gondomar e o IEM.
Latino Rodríguez Areal (CC de MM de Borreiros) e "Lito da Pousa" (AA de VV de Borreiros), achegarán as súas impresións sobre o proxecto no marco dos traballos de posta en valor do rico patrimonio cultural da parroquia que ambos os dous colectivos desenvolven no territorio. Neste senso se proxectarán algúns vídeos que recollen lendas, oficios tradicionais e a explicación dalgúns nomes de lugares vencellados á historia de Borreiros que tamén estarán incluídos nos soportes para divulgación.
A presentación dun "Caderno de Campo" da recollida e máis a transcricións de documentos históricos relativos á parroquia, completarán o acto que pechará coa intervención do alcalde de Gondomar, Fernando Guitián Guitián.