Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentamos o blog divulgativo da recollida de topónimos na parroquia de San Martiño de Borreiros. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Martes, 03 Decembro 2013 01:29
iem-blog-borreiros

Como xa informáramos máis de 600 topónimos históricos foron recollidos na parroquia de Borreiros do concello de Gondomar polo técnico de campo Anxo Rodríguez Lemos (IEM). Presentado o pasado 30 de novembro ante os veciños no centro cultural da parroquia, compartirmos agora a ligazón a un blog que construímos coa intención de facilitar a consulta ou descarga do traballo.

A páxina de inicio permite descargar carpetas con arquivos KML e KMZ cos topónimos xeoreferenciados para que as persoas interesadas podan construír mapas en distintas plataformas dixitais. Tamén un caderno de campo con vídeos, fotografías e textos relativos á recollida.

A sección Topónimos permite ver directamente un mapa da parroquia de Borreiros cos nomes dos lugares atopados na recollida, construído coa versión Google Maps Engine LITE. Pescudando na táboa que inclúe esta versión pódese atopar ligazóns a textos e vídeos referentes a algúns topónimos.

A sección Informantes, ofrece unha listaxe das persoas que colaboraron como tal durante a recollida, así como os arquivos e institucións onde foi consultada a documentación histórica para o traballo.

Por último a sección Documentación, permite a descarga da transcrición do Libro do Real de Leigos  e o Interrogatorio Xeral do Catastro do Marqués de la Ensenada, en ambos os dous casos na información completa que refire á parroquia de San Martiño de Borreiros.

Todos os resultados das diversas campañas de recollida de topónimos coordinadas polo IEM pódense consultar na sección TOPONIMIA desta web