Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio
Skip to content
Xeiras pola Serra da Groba e por Chandebrito PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Información
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 05 Agosto 2016 19:12
Información
A próxima semana teremos as seguintes xeiras:

O mércores 10 de agosto, “Ouro, estrelas e lobos pola Serra da Groba. Pinzás. Tomiño”. A saída será dende a igrexa de Pinzás ás 19:30 horas e acompañarannos os especialistas Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso e Bruno Centelles.

O venres 12 de agosto, “Auga, gravados e estrelas en Chandebrito. Nigrán”. Nesta ocasión acompañarannos os especialistas Xosé Lois Vilar, Bruno Centelles e Xulio Pereira da Agrupación Astronómica Rías Baixas. Teremos dous puntos de encontro:
    • ás 19:30 horas no concello de Nigrán, ou
    • ás 20:00 horas no Torreiro de Chandebrito.

Detalles e recomendacións:

Dado que parte do percorrido será nocturno recomendamos levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo e, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).

Agardamos contar coa vosa presenza.