Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Conferencia da artista e educadora interdisciplinaria Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Venres 22 de xuño Ás 20:30h no Auditorio de Nigrán

O vindeiro venres 22 de xuño, ás 20:30 horas, o Instituto de Estudos Miñoráns organiza a conferencia de Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Será presentada por Camiño Noia Campos. Nas breves interpretacións musicais será acompañada polo acordeonista miñorán, Premio Grammy, Roberto Comesaña. Terá lugar no Auditorio de Nigrán.

 

Cristina Pato (Ourense, 1980)

Artista e Educadora Interdisciplinaria.
Membro e Asesora de Educación do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma

Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Cristina Pato é unha gaiteira, pianista, produtora e educadora apaixonada. Aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” polo The New York Times, e como “un dos mestres vivos da gaita” polo The Wall Street Journal, a súa vida profesional está adicada ao intercambio cultural e a forxar novos camiños para a Gaita Galega. Cristina ten actuado en grandes escenarios de todo o mundo e ten lanzado e producido seis discos como gaiteira solista e dous como pianista, e colaborado en máis de 40 gravacións como artista invitada.

 

A educación xoga un papel esencial na vida persoal e profesional de Cristina. Traballa como Asesora de Educación do Silkroad, e é artista residente na Universidade de Harvard e na Universidade de California Santa Barbara, onde desenrola proxectos educativos interdisciplinares sobre o papel das artes na sociedade.

 

Cristina posúe un Doutorado en Musical Arts pola Rutgers University (EUA) os títulos superiores de Piano, Teoría da Música e Música de Cámara polo Conservatorio de Musica do Liceu, e un Master en Artes Dixitais (Música Dixital) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Foi a fundadora do festival Galician Connection, e escribe unha columna semanal para La Voz de Galicia.

 

En 2017 Cristina Pato foi nomeada Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do libro "Tras os pasos do Conde de Gondomar. Unha viaxe alén Miñor PDF Imprimir Correo-e

Publicacións do IEM - Monografías
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 12 Xuño 2016 23:12
img_01

O vindeiro venres 17 de xuño, ás 8:30 da tarde, na sede do IEM –n.º 10, baixo, da Avda. da Feira, en Gondomar-, nun acto aberto a quen desexe asistir, Antonio Soliño Troncoso, arquitecto e membro da xunta de goberno do IEM, presentará un libro de viaxe por terras de León e Castela escrito baixo o pseudónimo X Mourisca. O libro, que abrangue personaxes, paisaxes, historia, historias, gastronomía e lendas dos territorios atravesados mesturadas con diferentes vivencias dos compoñentes da viaxe, ten como fío condutor a don Diego Sarmiento de Acuña (1567-1626), I conde de Gondomar. O relato recolle as eventualidades da primeira experiencia da que naquel intre, hai agora un ano, era unha nova sección do IEM, “Xeiras alén Miñor”, que se quixo inaugurar cunha visita guiada polas terras e históricos asentamentos urbanos próximos ao Douro emprazados entre Gondomar e Valladolid, poboacións, ambas as dúas, nas que Sarmiento de Acuña posuíu residencia propia: o Pazo de Gondomar e a Casa del Sol, respectivamente. O relato complétase cun caderno gráfico a cor que compendia algúns aspectos das antigas vilas e cidades camiñadas ao longo da viaxe e, ao tempo, actúa de notario mudo dos camiñantes.

O autor do libro estará acompañado e será introducido por Miguel Anxo Mouriño, poeta, membro da xunta de goberno do IEM e máximo responsable da sección Filoloxía e Literatura da citada asociación.