A Seccións Marítima participou no 1º Encontro de Embarcaçoes Tradicionais en Póvoa de Varzim. Imprimir

Marítima - Novas
Luns, 05 Setembro 2011 20:29
setembro_lancha

A pasada fin de semana tivo lugar na Póvoa de Varzim (Portugal) o 1º Encontro de Embarcações Tradicionais, organizado con motivo do 20 aniversario da construción da lancha poveira Fé em Deus. A lancha é coñecida de todos por ser asidua participante en moitos do eventos organizados en Galicia nestes 20 anos. O Instituto de Estudos Miñoranos estivo presenta a través dunha delegación da Sección Marítima. Unha dorna polbeira foi a representante miñorana, a que integrou a flota de embarcacións tradicionais que levou a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
No encontro fíxose unha homenaxe In memoriam a Manuel Lopes, o promotor da construción da lancha, estudioso do patrimonio marítimo, e gran amigo de Galicia. No programa do Encontro ademais de navegación e da homenaxe a Manuel Lopes, desenvolvéronse exposicións, conferencias, poesía, etc.
Nos inicios da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial a relación coa Póvoa, con Manuel Lopes en particular, e co norte de Portugal en xeral, foi un elemento moi importante na conformación do traballo da Federación. Ata o día de hoxe en que a presenza de barcos portugueses e galegos é normal en eventos a ambos lados da raia.