Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Novas
Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Autor Accesos
141 Antón Seoane presenta o seu libro-disco “De Voces Ceibes a Milladoiro” IEM 10484
142 O Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN grava o seu primeiro disco. IEM 9739
143 Está á venta “Territorios estraños”, o libro gañador do VI Premio de poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns. IEM 20176
144 Presentación da revista ADRA e visita dos socios do MPG ao Val Miñor. IEM 9824
145 Iniciativa ambiental de custodia da tomada do Galiñeiro IEM 9035
146 Presentación do libro “O extraordinario mundo da Ora Marítima”, de Xoán Bernárdez Vilar. IEM 9738
147 Conferencia de Xosé Lois Vilar en Andel Libraría de Vigo: “Aceite, madeira e boinas. A talasonimia e naufraxios na costa galega”. IEM 9336
148 Presentación da revista ADRA e xeira polo Val Miñor coa Asociación dos socios/as do Museo do Pobo Galego. IEM 9013
149 Xardín Desordenado canta A ROSALIA IEM 9479
150 O son natural: concerto musical vinculado á obra do artista Fernando Casás. IEM 7875
151 Kogito - Ska feito na Galiza no espectáculo A ROSALIA. IEM 8242
152 Intervención do Conservatorio de Música do Concello de Gondomar no espectáculo A ROSALIA. IEM 7704
153 Intervención do grupo de cordas e voces “Son do Val” no espectáculo “A ROSALIA”. 7513
154 O CEIP Chano Piñeiro visita a mostra Labirintos e participa dun obradoiro arqueolóxico no IEM. IEM 7676
155 Os viños do Ribeiro da adega Aurea Lux acompañáronos no Xantar Rosaliano IEM 6968
156 O XII Memorial Filgueira Valverde congregará as últimas achegas da prehistoria galega no Museo de Pontevedra. IEM 6709
157 Pasamento da compañeira Belén Fernández Lareo. IEM 7894
158 VI Xornada de Literatura de Tradición Oral “Historias, mitos e monstros do mar de Galicia” IEM 7637
159 Homenaxe do IEM a Rosalía de Castro no Auditorio Municipal Lois Tobío IEM 7570
160 Suspendida a TERTULIA do IEM con Xusto Beramendi IEM 6882
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
Páxina 8 de 18