Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Novas
Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Autor Accesos
181 Para cazolear con estilo: Receitas para todos os días, de Raquel Vergara. IEM 12206
182 A Comunidade de Montes de Vincios estrea o proxecto dixital Cartografías Sensibles. IEM 11226
183 A Plataforma pola defensa da Ría de Vigo presentará un informe de situación e unha mostra explicativa no IEM. IEM 11487
184 O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela impartirá unha conferencia sobre “A corrupción sistémica”. IEM 12502
185 Unha cita coas “casas de indianos” no Val Miñor, Vigo e contorna IEM 12255
186 Unha flor para Gondomar. IEM 12444
187 O Coro Tradicional Cantares do Brión participará na homenaxe a Rosalía de Castro no acto oficial en Vigo. IEM 13246
188 A poeta Marta Dacosta gaña o XVI Premio de Poesía Johán Carballeira outorgado polo Concello de Bueu. 13940
189 Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor. IEM 16095
190 Concerto das Letras Galegas en Vincios coa actuación do Coro Tradicional Cantares do Brión. IEM 16380
191 4ª aniversario da entrega do Premio Roberto Vidal Bolaño ao IEM. IEM 13336
192 Celebración do Día das Letras Galegas no Val Miñor. 17757
193 Domingo 12 de maio, III Romaría da Touba do Brión na Serra do Galiñeiro. IEM 13829
194 Resumo da asemblea informativa de SOS GROBA en Pinzás. IEM 12403
195 SOS GROBA convoca a unha asemblea aberta na Comunidade de Montes de Pinzás. IEM 15108
196 IV Andaina pola defensa da serra: “Amor para defender beleza. Todos xuntos para defender O Galiñeiro”. IEM 12343
197 Información do percorrido da IV andaina pola protección da serra do Galiñeiro. IEM 12590
198 O escritor Francisco X. Fernández Naval presenta a súa novela “A noite branca” na librería Libraida de Gondomar. IEM 11356
199 IV Andaina pola defensa da Serra do Galiñeiro. IEM 12221
200 Colaboracións Literarias: "Contos da estrada, un xogo literario para improvisar microcontos", por Carmen Penim. IEM 12741
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
Páxina 10 de 18