Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Novas
Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Autor Accesos
41 Presentamos o novo libro de Miguel Anxo Mouriño, “Poemas da Mariña”, este venres no IEM. IEM 7777
42 Homenaxe aos nove miñoranos asasinados pola represión franquista na Curva da Bombardeira. IEM 9138
43 O ciclo “Cine e Memoria II” acolle o documental “La Sauceda” este mércores no IEM. IEM 9057
44 O IEM denuncia agresión aos petróglifos de Santa Lucía en Vincios. IEM 9397
45 Marta Dacosta presenta unha palestra sobre Rosalía no Centro de Estudos Galegos de Irlanda IEM 9576
46 Convocatoria para a homenaxe na Volta dos Nove. IEM 10348
47 Cine e Memoria II : Pase do documental A VOLTA DOS NOVE no Auditorio Municipal de Gondomar. IEM 9418
48 “Calendoscopio”, mostra plástica de Vicente Prego na Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM 8335
49 Saída didáctica á Serra do Galiñeiro co CEIP Chano Piñeiro de Gondomar. IEM 9265
50 O ciclo “Cine e Memoria II” acolle o documental “O meu nome é Luis Ferreiro” este mércores no IEM. IEM 9524
51 Presentación do libro homenaxe a Javier Alonso Salgueiro e descubrimento de placa conmemorativa. IEM 9672
52 Presentación do libro “Álvaro Cunqueiro. Trinta poemas. Selección, introdución e comentarios”, de Camiño Noia. IEM 10433
53 O pase do filme “O segredo da Frouxeira” abre o ciclo Cine e Memoria II na Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM 9831
54 O artista plástico Vicente Prego presenta a mostra “Calendoscopio” na Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM 8981
55 Homenaxe veciñal á memoria de Javier Alonso Salgueiro IEM 9285
56 Xavier Vence e Xan Carballa presentan o libro “Temos dereito a un futuro distinto”, no IEM. IEM 9463
57 Colaboracións Literarias: “A beleza feriume para sempre”, de Miguel Anxo Mouriño. IEM 9487
58 Presentación do poemario “dun lago escuro”, de Marta Dacosta. Premio Johán Carballeira 2013. IEM 9220
59 Miñor dos Sobranceiros: “Noticia dun mestre: Eladio Ferreiro Otero” Carlos Méixome Quinteiro 9967
60 ADEUS A CLOTI Miguel Anxo Mouriño 10216
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
Páxina 3 de 18