Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Novas
Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Autor Accesos
61 A arquitectura de Xosé Bar Bóo en Gondomar Antonio Soliño - Rosa Mouriño 10549
62 Xeira arqueolóxica nocturna en Amoedo: Lenda e Pedra coa guía de Xosé Lois Vilar IEM 9198
63 Presentación do libro “A causa do crime” co presenza de Alfredo López, “Tokio”. IEM 10055
64 Ábrese inscricións para un curso de fotografía e edición dixital con Pilar Abades e Vítor Vaqueiro IEM 13009
65 A música conquista os intramuros do Pazo do Conde de Gondomar. 8117
66 Vídeo completo do faladoiro “Palestina: a terra das laranxas tristes”, de Moncho Iglesias Míguez. 8322
67 “A voz quebrada” preséntase no CS O Fuscallo de A Guarda este venres ás 20 horas. IEM 7686
68 Audición musical do IEM no Pazo do Conde de Gondomar coa dirección de Manuel López Benito. IEM 8250
69 Colaboracións Literarias: “Íntimo” de Paco Álvarez de Senra. IEM 7712
70 Inscricións abertas para a Ruta Marítima do IEM: Baiona – Costa da Suavela. IEM 8475
71 “Palestina: a terra das laranxas tristes". Faladoiro con Moncho Iglesias Míguez no IEM. 9088
72 Miñor dos Sobranceiros: Frei Manuel Mª Martínez O.P. Antonio Valverde Alonso 9569
73 Pasamento de Anunciación Valverde IEM 9615
74 O Foxo Pedriño: Historias e restos arqueolóxicos da caza do lobo na Serra da Groba. Xilberte Manso de la Torre 10084
75 Colaboracións Literarias: “Xa non queda nada”, de Eva Rodríguez Ferreiros IEM 8905
76 Inscricións abertas para a Ruta Marítima do IEM: Baiona – Oia. IEM 12540
77 Mércores 30 de xullo: “Noite de Estrelas e Lobos” na Serra da Groba. IEM 9653
78 Acaba de saír do prelo o libro "Poemas da Mariña" do noso compañeiro o escritor Miguel Anxo Mouriño. IEM 8641
79 O vindeiro 20 de xullo terá lugar a Homenaxe ás Vítimas do Franquismo na illa de San Simón. IEM 9160
80 Xeira do IEM por Mañufe: das Escolas Pro Val ao Pazo de Moldes. IEM 12554
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
Páxina 4 de 18