Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Novas
Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Autor Accesos
81 Emisión en directo da Xeira Marítima do IEM pola Ría de Baiona: unha primeira experiencia. IEM 9585
82 Inscricións abertas para a Xeira Marítima do IEM pola Ría de Baiona coa guía de Xosé Lois Vilar. IEM 10410
83 Estamos a preparar a primeira Xeira do Verán dende a Cruz de Pau ata o Chan do Cereixo, na Groba. IEM 9633
84 Colaboracións Literarias: “correr do tempo”, de Paco De Senra IEM 8739
85 Ponte nas ondas: Xosé Lois Vilar e Manolo Ledo co alumando do CEIP Porto Cabeiro (Redondela) IEM 8806
86 Miñor dos Sobranceiros: “Os benfeitores: Manuel Lemos e Manuel Losada” Rosa Pascual Abal 9252
87 Mendez Ferrín presentará en Gondomar a obra “Ceibes no monte. Patrimonio vivo na terra de Turonio”. IEM 9047
88 Presentación do libro “A voz quebrada, de Xosé Mª Álvarez Cáccamo” en Vilaboa. IEM 8273
89 As orixes da mostra CINZAS de Ramón Trigo na TVG IEM 9060
90 O modelo de xestión patrimonial do IEM presentarase nos cursos de extensión universitaria do Campus de Ourense. IEM 7960
91 Colaboracións Literarias: “Dun lago escuro”, de Marta Dacosta e Tokio. 8216
92 “A voz quebrada” preséntase na Galería Sargadelos de Pontevedra este martes ás 20 horas. IEM 8280
93 A primeira moeda que roubou Pepa a Loba está en Xunqueira de Ambía. 8533
94 Presentación do novo libro de Xosé María Álvarez Cáccamo en Tui. IEM 8986
95 Este sábado 31 de maio, ás 20:45 horas, o Centro Cultural de Peitieiros conmemora o día das Letras galegas. IEM 9541
96 Presentación: “O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte”, coa presenza dos autores. IEM 11870
97 Estrea da curta documental AUGA, TERRA, AIRE… (A BOLSA) de Pablo Casal. IEM 13881
98 A obra de Fernando Casás presente en tres mostras simultáneas. IEM 15148
99 Presentación de “A voz quebrada”, novo libro de Xosé Mª Álvarez Cáccamo editado polo IEM. IEM 13468
100 A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro agradece a asistencia á V Andaina. IEM 11525
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
Páxina 5 de 18