Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Volta dos Nove. Sábado 13 de outubro

Volta dos Nove

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e a Comisión da Volta dos Nove convídavos ós actos de lembranza do asasinato dos Ineses, a señora Dolores Samuelle e Os Nove de Baiona e Panxón o vindeiro sábado 13 de outubro.Hai xa 82 anos.

Ás 11h30'-no cemiterio civil de Sabarís unha lembranza oral e floral para Xosé e Luís López Luís e Dolores Samuellle, tamén coa compaña musical dos da Foz.

Ás 11h45'-na Volta dos Nove palabras, música e flores para os nove homes asasinados a noite do 15 para o 16 de outubro de 1936.

 

Foi no 24 de xullo, a media mañá, festas en Santa Cristina.

Entraron as tropas que viñan de acalmar Vigo.

O comandante militar de Baiona: Ramón Blanco Linares. Requisa na sociedade obreira de Sabarís, na Porta do Sol, socialista e anarquista. Fichas de afiliación, revistas pornográficas, correspondencia, ...

Ducias de homes fuxidos. Foron aparecendo todos, pero entre outros, faltaban Pepe e Luís, Os Ineses. Descubertos o 13 de outubro de 1936 agochados na casa de Ventura Pérez, cego, axudado por Dolores Samuellle que compraba moitos víveres para o vello, ou o xornal. Delación e entrada de falanxistas, e garda civil a mañá do 13. Defensa propia e ferido (Luís Refojo Mariño, camisa nova). Luís morto a tiros nunha viña camiño da Ladeira, Pepe no muro do cemiterio. Exposición pública e asasinato de Dolores Samuellle, por encubridora.

En Vigo o 15 morre o ferido e esa noite van buscar veciños do Val de Miñor os cárceres de Vigo, traen nove que matan antes da amañecida e á tarde enterran o camarada caído.

Herminio Ramos lembrounos:

1936 Octubre 16. En el día de hoy aparecen muertos a la orilla de la carretera más allá de la fuente de San Roque nueve hombres que resultaron ser vecinos desta villa, calificados de rojos presos en Vigo.

Está en:  Inicio
Skip to content
destacados
Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Autor Accesos
41 Presentamos o blog divulgativo da recollida de topónimos na parroquia de San Martiño de Borreiros. IEM 13405
42 Presentación da recollida de topónimos na parroquia de San Martiño de Borreiros IEM 14985
43 Presentación do libro de Pepe Álvarez “Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)”. IEM 14282
44 Máis muíños naviculares de soporte fixo. Agora en Cristelos. Xosé Lois Vilar Pedreira 17033
45 TERTULIA do IEM con Xusto Beramendi IEM 15811
46 Homenaxe literario- musical A ROSALIA e XANTAR ROSALIANO IEM 15336
47 Xantar Rosaliano no Pazo da Escola (Mañufe) IEM 14995
48 Comeza a 13ª tempada das TERTULIAS do IEM (2013-2014) IEM 15453
49 Xeira aberta a todo público polos montes de Couso IEM 15700
50 Na reivindicación do Lourido, na lembranza de Paco del Riego. IEM 18694
51 Aberta a matrícula para o curso “A explotación multifuniconal do monte” da Universidad Internacional Ménendez Pelayo, en Gondomar, na sede do IEM IEM 20384
52 Actividades do IEM no mes de agosto IEM 20027
53 O IEM precisa da túa axuda 21020
54 O mal funcionamento das depuradoras e o tratamento deficiente do lixo industrial comprometen o futuro da Ría de Vigo. IEM 18851
55 O fiscal Carlos Varela adianta aspectos do proxecto co que intenta combater a “corrupción sistémica”. IEM 17230
56 Presentación da Associação José Afonso (AJA) na Aula de Cultura Ponte de Rosas IEM 17607
57 O historiador José Ramón Iglesias presentará o seu libro "Arquitectura e indianos en Vigo e bisbarra" IEM 16986
58 Nestas festas regala arte e colabora co IEM. IEM 22798
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
Páxina 3 de 3