Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro: " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres. Xoves 30 de marzo ás 20:30h
O xoves 30 de marzo ás 20.30h, terá lugar a presentación do libro " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Intervirán ademais do autor, Montse Fajardo e Xosé Lois Vilar e gozaremos da actuación musical do guitarrista Fernando Blanco.
"Este libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Mais sobre todo é a resposta a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión franquista en Galiza, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos.
Porque a crónica de acontecementos como os que aquí se relatan só ten sentido se forma parte dunha arela ética e política fundamental: a da reivindicación dos ideais e valores polos que loitaron e foron perseguidas tantas persoas ao longo de décadas; a militancia na causa da liberdade, da xustiza social, da igualdade; o compromiso por construír unha Galiza dona de si, próspera, solidaria, respectada. Esa é a mellor maneira de rescatalos do silencio das gavias e dos cemiterios; a victoria última contra a inxustiza, o terror e a mentira do franquismo; a verdadeira e definitiva homenaxe despois da amnesia e a amnistía decretadas na transición e no tempo que veu despois."

Fragmento do Epílogo do libro Non des a esquecemento
Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Un músico miñorán: Germán Lago Durán. PDF Imprimir Correo-e
Arquivos - Audiovisual
Mércores, 28 Xullo 2010 19:52
Orquesta_IbricaO noso compañeiro Antonio Valverde Alonso  (IEM) achegounos unha xoia do director musical Germán Lago Durán, fillo adoptivo do Val de Miñor. Trátase dun conxunto de gravacións da Orquesta Ibérica de Madrid: "un conjunto español de guitarras y laúdes único en el mundo", tal cal reza na portada do álbum.
Ler máis...
 
Unha fecunda idea PDF Imprimir Correo-e
Publicacións do IEM - Artigos
Luns, 10 Xaneiro 2011 21:55
libros-memoria
Foi no 2003 cando dende o Instituto de Estudos Miñoranos promovemos o primeiro libro de fotografías acompañados de textos, foi Imaxes para a memoria. Daquela decatámonos de que un libro destas características tiña que xuntar deseño atractivo e calidade de impresión, xa que ademais do valor da salvagarda das imaxes debería converterse nun libro-obxecto, no mellor senso da expresión, nun libro agasallo, nun libro que espertase o desexo de conservalo para sempre. No 2004, realizamos, aumentando substancialmente o anterior, o dedicado a Baiona, que se rematou chamando Baiona, nas ondas do tempo. Ao ano seguinte veu o lume Gondomar, o son do río, de similar en extensión e concepción ao anterior.
Ler máis...
 
O Val Miñor en Ávila y La Cueva. PDF Imprimir Correo-e
Val Miñor Documenta - O Val Miñor en Ávila y La Cueva.
Escrito por IEM   
Xoves, 20 Outubro 2011 19:53

arciprezazgo-val-minor-1

Francisco Ávila y La Cueva (1789-1859) é o autor de Historia Civil y Eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado. A súa obra manuscrita está composta por catro tomos:
I.- Desenvolve a historia da cidade de Tui
II.- Desenvolve a historia de todas as cidades, vilas e parroquias do bispado de Tui
III e IV.- Desenvolve a historia dos bispos tudenses
Os catro tomos foron editados en facsimilar polo Consello da Cultura Galega en 1995.
Achegamos os parágrafos referidos ás parroquias e vilas miñorás recollidos do Tomo II:

Ler máis...
 
A Seccións Marítima participou no 1º Encontro de Embarcaçoes Tradicionais en Póvoa de Varzim. PDF Imprimir Correo-e
Marítima - Novas
Luns, 05 Setembro 2011 20:29

setembro_lancha

A pasada fin de semana tivo lugar na Póvoa de Varzim (Portugal) o 1º Encontro de Embarcações Tradicionais, organizado con motivo do 20 aniversario da construción da lancha poveira Fé em Deus. A lancha é coñecida de todos por ser asidua participante en moitos do eventos organizados en Galicia nestes 20 anos. O Instituto de Estudos Miñoranos estivo presenta a través dunha delegación da Sección Marítima. Unha dorna polbeira foi a representante miñorana, a que integrou a flota de embarcacións tradicionais que levou a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
Ler máis...
 
20 vídeo conferencias sobre toponimia e talasonimia galega. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Talasonimia
Escrito por IEM   
Venres, 20 Abril 2012 21:03

toponimia-ponte-de-rosas


Galicia ten próximo aos 2.5 millóns de topónimos, lugares do seu territorio que contan cun nome propio. Un patrimonio xurdido durante séculos da necesidade de identificar os espazos xeográficos e que có tempo constituíron unha sinal básica de identidade para os seus poboadores. Non só as cidades e vilas están nomeadas no país (macrotoponimia) , tamén os montes, regatos, chans, leiras e ata as pedras foron "bautizadas" (microtoponimia), co fin de sinalizar puntos do territorio. Nembargante, este tesouro patrimonial está a piques de perderse por mor do esquecemento e o agromar das novas tecnoloxías de localización.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 236