Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XVIII XEIRA ALÉN MIÑOR A CORUÑA E A MARIÑA CORUÑESA (24-25 de novembro)

As primitivas dimensións da Coruña ocupaban o que hoxe se coñece como Cidade Vella. Era A Coruña intramuros, e tanto o seu trazado como a súa arquitectura explican a historia desta cidade.A Cidade Vella fíxose á medida humana.Pedra, vidro e madeira mesturáronse para dar acubillo a fidalgos como a artesáns ou mariñeiros. A Porta Real foi a primeira entrada á primitiva cidade.

Moito que ver ou recoñecer nesta cidade vella, acompañados por un guía que é un dos referentes da cultura contemporánea do país, Felipe Senén.

A sede oficial da Real Academia (edificio dezaoitesco), noutro tempo propiedade de Pardo Bazán, moi preto da Colexiata de Santa María (principios do sc. XIV) que foi a igrexa dos gremios do mar e do comercio

Na contorna sitúase a Praza de Azcárraga. Está trazada sobre dous planos diferentes. No máis elevado enmárcase a antiga praza da Fariña, en cuxa bonita bóveda se acubilla a fonte do Desexo; no plano inferior está o palacio neoclásico da rexión militar noroeste, que data de 1740 e que acolleu a constitución da Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808, con motivo do alzamento coruñés contra as tropas napoleónicas.

O Convento de Santo Domingo levantouse a finais do século XIII, foi incendiado polos homes de Francis Drake a fins do XVII. A Igrexa data do século XVII e é de estilo barroco galego.

Moitos persoeiros, aventureiros, escritores, filósofos, científicos, ou persoas sen título como María Pita, que se enfrontou a Drake ou lideraron a resistencia ós franceses, viviron ou tiveron relación coa cidade. O Duque de Toscana, Cosme de Medicis, nunha das súas viaxes de coñecemento, o mariño Alejandro Malaspina, militares ou estadistas, como Porlier ou Melchor de Macanaz. Sir John Moore (repousa nos xardíns de San Carlos). Personaxes, espíritos da cidade ou simples cidadáns que inspiraron á Condesa de Pardo Bazán en "A Pedra Angular" ou a obra de Murguía e de Rosalía, os que xogaron co neno Pablo Picasso, que iluminaron o pensamento de Wenceslao Fernández Flórez ou de Salvador de Madariaga.

A cidade vella agocha máis recunchos queridos polos seus veciños, como o A Praza e O Convento das Bárbaras, próximos o Castelo de San Antón (hoxe Museo Arqueolóxico), antiga fortaleza do século XVI que se edificou sobre unha illa para protexer a entrada da ría dos ataques do pirata Drake. Ou o arquivo do Reino De Galicia (1775), que está encargado da recollida, custodia e posta a disposición do público da documentación de ámbito galego e provincial, xerada por diversos organismos de carácter xudicial ou administrativo con sede na provincia da Coruña.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Miñor dos Sobranceiros PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Miñor dos Sobranceiros
Escrito por IEM   
Luns, 16 Xuño 2014 22:24

pego-negro

Miñor dos Sobranceiros é unha nova sección da Sección de Filoloxía e Literatura do IEM na que en diversas achegas afondarase na vida e obra de diversos persoeiros que deixaron a súa pegada no Val Miñor. Serán publicadas nesta web e poderán consultarse nesta páxina de presentación na que imos colocar cada traballo en orde alfabética co obxectivo de facilitar as consultas.

Ler máis...
 
Presentación dos números 12/13 de Revista de Estudos Miñoranos PDF Imprimir Correo-e
Publicacións do IEM - Revista do IEM
Escrito por IEM   
Martes, 09 Setembro 2014 23:57

web-revista-rem-12-13

O vindeiro venres 12 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a presentación do exemplar Nº 12/13 da Revista de Estudos Miñoranos. O acto, a desenvolverse na Aula de Cultura Ponte de Rosasa (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), contará coa condución de Xulián Maure, membro da Xunta de Goberno do IEM, quen estará acompañado por Lara Barros Alfaro,  Xosé Lois Vilar Pedreira e Antonio Soliño Troncoso. Durante a presentación terá lugar un concerto do músico Fernando Blanco,  quen interpretará un selecto repertorio de pezas da súa autoría. Haberá exemplares da revista á venda.

Ler máis...
 
Cea e TERTULIA do IEM co maxistrado Luís Villares Naveira PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 04 Novembro 2014 23:18

luis_villares_naveira

O Instituto de Estudos Miñoranos abre a súa 13ª tempada consecutiva das TERTULIAS do IEM, co relatorio “O uso ilexítimo do poder na reforma da administración de xustiza”.  Faladoiro que estará a cargo do xuíz Luís Villares Naveira, coordinador en Galicia da Asociación Xuíces para a Democracia e membro fundador da Irmandade Xurídica Galega. A licenciada en Dereito, Elsa Quintas Alborés presentará a TERTULIA. Será o o vindeiro venres 7 de novembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).

Ler máis...
 
Outubro recibe o ciclo “Cine e Memoria II” no Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 26 Setembro 2014 20:29

webCine_memoria

O informe provisional do Relator da ONU, Pablo Greiff  trala súa visita a Galicia en xaneiro, así como o reclamo do mesmo organismo –por 4ª vez – ao Estado español para que cumpra coas diferentes lexislacións que en materia de dereitos humanos ten asinadas, reflicten o estado marxinal na que se atopa a problemáticas das vítimas do franquismo e a impunidade dos crimes dese réxime. As xornadas provinciais de Memoria Histórica organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos no 2009, deixaron en evidencia que arestora emprender unha investigación na procura de información para esclarecer o acontecido así como calquera intento de desenvolver exhumacións de fosas enfronta innumerables pegas por parte das administracións públicas.

Ler máis...
 
Presentación no IEM do último número de MURGUÍA Revista Galega de Historia. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Luns, 15 Decembro 2014 21:07
murguia-capa
O vindeiro venres 19 de decembro ás 20:30 horas contaremos coa presenza dos investigadores Antón Costa Rico e Xosé Manuel Malheiro na presentación do último número da Revista Murguía. A historia da educación no noso país centra este monográfico da Revista Galega de Historia que con este número cumpre o seu X aniversario.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 260